
Se a pasada semana comezaban as fases de clasificación na categoría xuvenil e a pretemporada para os equipos de prata nesta mesma categoría, esta fin de semana súmanse tamén os conxuntos de categoría infantil e cadete, tanto masculinos como femininos. Como é costume, no noso club contamos con varios equipos nunha mesma categoría, todos poñeranse en escena na que se renovan ilusións e os obxectivos sempre son ambiciosos:
SENIOR MASCULINO (Pretempada):
Granitos Ibéricos Carballal – Sweepend Culleredo
Último partido de preparación para o Sweepend Culleredo antes de a súa estrea na 1.ª nacional de balonmán. O rival deste Sábado será o Granitos Ibéricos Carballal e o partido enmarcarase dentro do "V Memorial Koki". Será unha proba de toque final para examinar en que estado de forma e de compenetración atópanse os de Culleredo antes do inicio de liga e ninguén mellor que un rival que vén de facer unha tempada excelente e que ten unha longa experiencia na categoría. O encontro disputarase no municipal de Carballal o Sábado ás 18.30.
XUVENIL MASCULINO (Fase De Clasificación):
AD. Carballal – BM.Culleredo Sweepend
Difícil saída a que lle espera este próximo Domingo en terras olívicas ao BM.Culleredo Sweepend. O Carballal, conxunto poderoso e competitivo onde os haxa, será un rival para ter moi en conta, fronte ao que os cullerdenses terán que facer as cousas moi ben se queren impoñerse e manter o primeiro posto da fase de clasificación, obxectivo prioritario para os rojillos. O encontro disputarase ás 12.45 no pavillón municipal de Carballal.
XUVENIL MASCULINO (Pretempada):
BM. Abegondo Atlántico Súmate – BM.Culleredo Despreocúpate.es
O próximo domingo, o grupo xuvenil de liga prata deprazarase a pista dos nosos veciños de Abegondo a desputar outra xornada de preparación. Logo de gañar o encontro desputado en Santiago a semana pasada, os nosos teñen como prioridade manter a boa actitude e o bo xogo amosado para seguir liderando a táboa clasificatoria neste grupo A. O obxectivo é seguir sumando minutos na búsqueda dos automatismos necesarios cara o inicio da liga regular.
CADETE FEMININO (Fase De Clasificación):
BM. Culleredo Fisioterapia Benestar - BM.Porriño
Este domingo 10 no Pavillón Municipal de Almeiras as 11:30 , o equipo Cadete femenino vai participar na primeira xornada da fase clasificatoria a Liga Ouro fronte ó Bm Porriño.
Arranca o primeiro obstáculo da tempada 23/24 para saber en que liga xogarán as rapazas do Fisioterapia Benestar.
Logo do partido amistoso desputado a semana pasada e deixando boas sensacións, o equipo local espera ter a favor o factor público.
CADETE MASCULINO (Pretempada):
Ribadosar – BM.Culleredo Galaico Caravaning
Este sábado ás 12, na polideportiva Quiroga Palacios, en Santiago, o noso grupo cadete de prata desprazarase ata alí a desputar o terceiro amistoso da tempada ante o Ribadosar.
Os nosos veñen cunha dinámica moi positiva dos encontros anteriores, polo que tentarán seguir nesa liña neste encontro e aprobar así outro examen de cara a competición ligueira que comezará en breve.
CADETE MASCULINO (Fase De Clasificación):
BM.Culleredo Remax Riazor – Balonmán Chapela
Recibe o BM.Culleredo Remax Riazor ao Balonmán Chapela no que será a estrea para os nosos cadetes na importante fase de clasificación. Chega a hora da verdade e, despois do título de Copa conseguido fai dúas fin# de semana, os cadetes do Remax Riazor desexan comezar con bo pé neste camiño do grupo B da fase de clasificación. Non será fácil ante un bo conxunto como o Balonmán Chapela, con moitos dos xogadores que e laño pasado disputaron a Final Four Infantil en Culleredo. O encontro dará inicio ás 13:00h no polideportivo de Almeiras.
INFANTIL FEMININO (Pretempada):
BM. Culleredo Cristalería Gestal – Balonmán Xallas F.C
Este domingo día 10 á 13:00 o equipo infantil feminino Culleredo Cristalería Gestal se enfrontará ao Balonmán Xallas FC no Pavillón Municipal de Almeiras.
Neste primeiro encontro, que inicia os partidos de pretempada para a categoría de prata, as rapazas poderán amosar todo o que levan traballado neste mes de Agosto, e desfrutar do partido o cal esperan con moitas ganas e ilusión.
INFANTIL FEMININO (Fase De Clasificación):
Balonmano Porriño - BM. Culleredo Sutenor
O BM.Culleredo Sutenor, xogará este próximo Domingo ás 13:00h e farao a domicilio, na sempre complicada pista do municipal do Porriño. As infantís inician a súa andaina no Grupo A de a Fase De Clasificación co obxectivo de examinarse ante un dos clubs galegos máis potentes en categoría feminina. As cullerdenses parten con ilusión e sen ningún complexo, ambiciosas no obxectivo de demostrar un alto espírito competitivo.
INFANTIL MASCULINO (Fase Clasificación):
BM. Culleredo Nosolomadera – Somega Rasoeiro BM.
Comeza a competición oficial para o Balonmán Culleredo Nosolomadera., que se estrea no pavillón de Almeiras para disputar o primeiro partido da fase previa de clasificación de cara o Play Off de ascenso a liga Ouro.O encontró disputaráse en Almeiras as 11:30 do Sábado .
Moita ilusión de cara o primeiro partido oficial do ano , onde os nosos infantís queren ofrecer un bó espectáculo os aficionados en Almeiras.
INFANTIL MASCULINO (Pretempada):
BM. Culleredo Óptica Gallaecia – Garaysa Xiria C
Este domingo día 10 as 10:00 o equipo infantil masculino Culleredo Óptica Gallaecia se enfrontará ao Garaysa Xiria C no Pavillón Municipal de Almeiras.
Neste primeiro encontro, que inicia os partidos de pretempada para a categoría de prata, os rapaces poderán amosar todo o que levan traballado neste mes de Agosto, e desfrutar do partido o cal esperan con moitas ganas e ilusión.
INFANTIL MASCULINO (Pretempada):
BM. Culleredo Climanosa – Garaysa Xiria B
Os nosos infantís do Climanosa, enfrontaránse no primeiro partido da pretempada de prata a os nosos vecinos de Carballo (Garaysa Xiria B) .
Un primer partido para os nosos infantis do Climanosa que demostrarán todo o traballado nesta pretempada tan ilusionante.
O encontró disputaráse o Sábado no pavillón municipal de Almeiras as 10:00