Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SEGUE A ESTELA DO LÍDER

O BM.Culleredo, segue o ronsel do Indupor BM.Porriño na loita particular que manteñen os dous primeiros clasificados a falta de dúas xornadas para o final da liga de 1.ª autonómica.
No encontro deste pasado Sábado, os cullerdenses tardaron en entrar no encontro, desenvolvéndose no 40x20 do municipal de Tarrío con moitos altibaixos e de forma errática nos primeiros vinte minutos. Cando se disputaba o último tramo do primeiro acto, o BM.Culleredo lograba completar os momentos máis lúcidos e eficaces do envite e terminaba por pechar este tempo cunha vantaxe zumarenta de nove goles (19-10).
No segundo tempo, os de Culleredo continuarían en progresión ascendente, ata o punto de conseguir unha renda máxima de 11 goles ao seu favor. Foi entón, entrando xa de pleno nos últimos quince minutos, cando os locais cometeron o erro de dar por finiquitado o encontro e a punto estiveron de tirar pola borda todo o traballo feito anteriormente. O equipo entraría en bucle nun mar de imprecisións e, acumulando unha serie de erros non forzados de forma consecutiva, entregaba ao seu rival situacións francas de forma sucesiva que deixaba ao porteiro cullerdense en accións de 1x0 en contraataque. As alarmas acendíanse ante o 28-27 que reflectía o marcador e balón para os foraneos con posibilidade de poñer as táboas. Afortunadamente para os intereses dos de Culleredo, a remontada non se concretaría e os dous puntos quedábanse na casa para poder continuar aspirando ao campionato ligueiro.

BM. Culleredo : 30 (19+11). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Christian Vigo (P), Alberto Catoira (2), Martín ínsua (2), Carlos Costa (6), Miguel Casal (2), Iago Franco, Marco García, Marcos Vázquez (4), Iago Ferreiro (3), Álvaro Fdez (4), Mario Crecente (5), Adrián Rodríguez, Diego Gago (2), Juan De Salvador.

Dispesán Café BM.Pontedeume: 27 (10+17). Bruno López (2), Alejandro Sánchez, José López (4), Pablo Moraes (1), Ángel Piñeiro, Alberto López (4), Cesar Filgueiras (2), Gonzalo Palleiro (3), Nicolás Pérez (6), Manuel López (2), Xoán Varela, Pedro Tabuyo (3).

Colexiados: Henrique Folgoso e Renzo Martín Díaz.

Incidencias: Xornada nº 20 na primeira autonómica en categoría senior masculino, disputado no pavillón de Tarrío con boa entrada.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/rP8nuUKFgkUmxeMr9

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *