Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Toca afrontar unha fin de semana con poucos partidos por mor do antroido, con varias competicións que descansan e recuperando partidos aprazados polos convocados ao CAR de Sierra Nevada pola RFEBM.

(CF) CORETI LALÍN VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Emparexado no grupo que vai loitar polo pase á Final Four e por acadalo título de Campión de Liga Prata, o Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar comeza a segunda fase logo de estar dúas semanas preparándose para esta nova andadura.

O sábado 18 as 12 no Pavillon Lalín Arena as cullerdenses darán o pistoletazo de saída a competición.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING VS CP LUCENSE

Este domingo ás 11, os cadetes do galaico caravaning de liga prata enfróntase en Almeiras ao sempre forte rival de Lugo, o CP Lucense, xornada aprazada do fin de semana pasado que enfrontará a ambos bandos nun partido de moita intensidade. Os nosos seguen a mellorar xornada tras xornada e sen dúbida tomarán este encontro para continuar na senda da victoria e das boas sensacións.

(CM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS BM RECONQUISTA DE VIGO

Despois dunha fin de semana de parón debido á convocatoria de Samuel Seijas por parte da RFEBM, o BM.Culleredo Sweepend retoma a competición este próximo Sábado ante o BM.Reconquista de Vigo. Os cullerdenses afrontan o envite coa ambición de sumar dous novos puntos que lles manteñan no camiño perfecto cara ao título final, pero para iso deberán de sobrepoñerse á baixa do porteiro Marco debido a unha cirurxía bucal e realizar un partido moi completo e regular ante un conxunto que ten argumentos para poñerlle as cousas difíciles aos de Culleredo. A retagarda deberá de funcionar a un nivel moito máis alto que no partido de ida, no que o BM.Culleredo Sweepend, a pesar da vitoria, encaixou 30 goles e mostrouse pouco contundente. O partido disputarase en Almeiras o Domingo ás 13:00h.

(XF) BALONMÁN MOAÑA VS BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS

O Balonmán Culleredo Baía Edicións quere seguir manténdose na metade da táboa clasificatoria, onde visita o Moaña, equipo empatado a puntos coas cullerdenses e que terá que superar coma fixo na primeira volta, para seguir con ese obxetivo.

O encontro terá lugar o domingo 19 as 13:00 no Pavillón Municipal o Rosal en Pontevedra.

(XM) S.D. TEUCRO AYF CORREDURÍAS VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Este sábado ás 16:00 no multiusos da xunqueira en Pontevedra, o grupo xuvenil de liga prata comeza a segunda fase ligueira ante o histórico Teucro. Os nosos que foron xa campións indiscutibles da primeira fase, comezan esta segunda fase con gañas e moita ilusión por optar aos tres primeiros postos desta liga. 

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS BUENAS MIGAS LUCEROS

O noso xuvenil masculino terá esta fin de semana unha nova proba ao máximo nivel, toda vez que lle corresponde enfrontarse ao Buenas Migas Luceros, equipo que lidera a clasificación da Liga Ouro, contando os seus partidos por vitorias. Logo do gran triunfo dos nosos na xornada precedente fronte ao Porriño, segundo clasificado da liga, esta semana parece que a esixencia será aínda maior recibindo ao equipo de Cangas, pero a determinación para conseguir que os puntos queden en Culleredo é absoluta. Vémonos en Almeiras!

(SM) BM CULLEREDO VS ATLÉTICO NOVÁS

O BM.Culleredo desexa seguir crecendo a medida que transcorre a competición e mostrar, unha semana máis, o seu bo momento de forma. Este sábado visita Culleredo o Atlético Novás de O Rosal, un equipo sempre intenso e competitivo que obriga aos seus rivais a non baixar un chisco a súa intensidade e concentración. Os rosaleiros, terán máis perigo se cabe pola súa necesidade de puntuar ante a posición delicada que ocupan na clasificación e por iso o BM.Culleredo debe de fuxir de confianzas absurdas e afrontar o encontro cunha actitude sobresainte. O partido xogarase nunha localización nada habitual, o pavillón do Burgo e disputarase o sábado ás 17:00h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *