Saltar ao contido

Frouxo partido dun Galkimia que pode dar máis

Esta fin de semana o Galkimia viaxaba a Carballo para enfrontarse ao equipo femenino do Xiria, o cal contaba cunha das rapazas que mellor nivel ten nesta categoría.
Os nosos rapaces comezaron a primeira parte lentos e algo durmidos, sobre todo no ataque, situación que o rival non dubidou en aproveitar. No segundo cuarto o Galkimia apretou e mellorou a defensa, de maneira que conseguiron meterse no partido por un breve momento. Lamentablemente no terceiro e cuarto tempo, aínda que en ataque conseguían atopar solucións, cando se xogaba rápido, na defensa houbo erros que non se conseguiron solventar.
Agora toca seguir traballando para rematar a tempada da mellor maneira posible e puidendo demostrar a mellor cara deste equipo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *