Saltar ao contido

Os problemas defensivos seguen a lastrar o Climanosa .

Os problemas defensivos do Climanosa fixeron mella nun partido que empezou de cara , conseguibdo nos primeiros 2 minutos unhas ventaxas de 3-4 goles, pero que nos ultimos 10 minutos da primeira parte volatilizaronse por falta de concentración en determinados momentos.

Si que e verdade que o Climanosa en ataque funciona , un equipo moi disciplinado no xogo colectivo pero quizais con moitas pérdidas de balón ainda así é capaz de funcionar ofensivamente.

17-17 no descanso .

Na segunda metade o partido foi un correcalles os dous equipos querían a victoria , e quizais o Cimanosa estuv menos acertado en ataque e isto o Narón o aproveitou para poñerse por diante, ainda asi o Climanosa non se amilanou e quería mais , poñendose 1 arriba a falta de 5 minutos pero como o partido era un ida e volta, o final a falta de 30 segundos o Narón tivo opción de gañar pero o Climanosa non queria nin perder nin empatar asi que o equipo cullerdense xogousea e defendeu cun xogador menos e cun xogador xa preparado para o contrataque , isto descentrou o ataque ferrolán e perderon o balón , unha pena que non quedara tempo para o contrataque , xa que o electrónico soaba e daba un empate no derbi provincial.

Moi boa participación da afición para ver o Climanosa que non para de loitar , agora o equipo cullerdense ten un parón ligueiro para axustar o balance defensivo e asi poder ter unha mellor segunda volta e ter máis confianza para atar os partidos que se lle escaparon na primeira volta.

Forza Culle

Bm Culleredo Climanosa: Rubén Gantes, Adrián López, Bruno Pardo (5), Nicolás Arias (1),Iago Vázquez(3),Adrián Pestonit(7),Bieito Muiña(2),Félix Noya(3),Mario Sánchez(1),Álvaro Siso (9),Mateo (1), Nicolás Casal(3).

Bm Narón: Pablo Gómez,Lucas Freire(10),Mario Casal(2),Manel Franco,Daniel Lamas(2),Oscar Rodriguez(4),Alejandro Paz(4),Pablo Lage(6),Mateo Sabio(1),Jorge Portas(3),Jorge Catalán(3).

Parciales cada 5`:2-1/6-5/10-6/13-9/15-13/17-17/20-19/24-23/26-26/29-30/33-32/5-35

Árbitro: Rubén Iglesias.

Incidencias: Xornada 9 da liga Cadete masculina Prata, disputado no pavillón municipal de Almeiras, Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *