Saltar ao contido

Un valente Abogacía Canosa lévase a victoria en Almeiras

Emocionante partido o vivido en Almeiras onde o Abogacía conseguiu a segunda victoria ligueira.

Un incio onde o Abogocia Canosa queria mandar no encontro e xa dende os primeiros minutos conseguia xerar dudas no ataque do equipo rival , grazas a una defensa 3:3 incómoda para o rival. Isto máis un xogo moi disciplinado facía que o culle tivera certas ventaxas de 2-3 goles en toda a primeira parte.

Na fase ofensiva o Abogacia Canosa mediante pase e vai e transformacións conseguia boas accións ofensivas ainda que nos minutos finais da primeira parte o acerto nos lanzamentos penalizou as nenas de Culleredo , ainda así , no descanso o equipo cullerdense acabaría por diante no marcador cun 8-6 .

Na segunda metade os dous equipos querian ir a máis e tras uns primeiros 10 minuto onde o culle desperdiciou lanzamentos claros incluindo dous 7 metros , o Bueu aproveitou a ocasión para darlle a volta o marcador . Pero isto só fixo que o culle puxerase as pilas, e primeiro na fase defensiva subindo a liña para poder recuperar balóns máis rápido , isto foi moi efectivo , e logo con moita pausa e regularidade , atacando unha defensa 6:0 moi cerrada onde só as extremos estaban practicanmente sen marcaxe, o Abogacía conseguia boas accións de gol pero os fallos de lanzamento en 6metros non deixaban coller unha ventaxa cómoda para os últimos minutos que foron de infarto pero que o Abogacía Canosa soubo ven levar, sempre co coitelo entre os dentes.

Noraboa o infantil feminino que volve a dar un paso hacia adiante con moita madurez e cabeza no xogo efectuado nesta xornada.

Agora toca descansar na competición pero non nos adestramentos que non paran en navidades.

Forza Culle.

Bm Abogacía Canosa Culleredo: Aroa García, Carla Muiño (2),Alicia Pérez (1),Aldara piñeiro, Adriana Vázquez, Paula Peteiro(2),Valentina Martinez(6),Irene Rodriguez(2),Antía Ferreño, Nadia Martinez,Alba Pedreira, Leire Barbeito.

Balonmán Bueu: María Cabanelas,Mariña Torres, Uxi Torres, Aixa Otero(2),Ines Baston,Julia Cruz(6),Leire Camiña(2),Daniela Gil, Uxía Gil , Leire Fernández.

Parciales cada 5`: 1-1/3-1/4-2/6-4/8-6/8-7/9-8/9-10/11-10/12-11/13-12.

Árbitras: Uxía Mariño y Martia Regueiro.

Incidencias: Xornada 7 da liga de Ouro infantil feminino , disputado en el pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *