Saltar ao contido

UN BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES MERMADO, RESISTE MEDIA HORA ANTE O XIRIA.

Visitaba o BM.Culleredo unha das pistas máis complicadas do campionato e non o facía ademais nas mellores condicións, cunha merma importante en canto ao número do plantel, sobre todo na primeira liña, onde sumaban tan só catro efectivos coa incorporación do cadete Samuel. As baixas de Nico e Mateo no centro da defensa, era outro dos hándicaps dun equipo que se vía obrigado a iniciar o encontro co sistema 5:1 na súa retagarda.
Non foi o mellor comezo do conxunto de Culleredo, que con 1-4 de parcial, parecía noqueado ao primeiro de vez. No entanto, co cambio defensivo a 6:0, comandado no centro por Iago Bescansa e o cadete Samuel, o BM.Culleredo Despreocúpate.es conseguía darlle a volta ao marcador a falta de dez minutos para o desenlace deste primeiro tempo (10-11). Unha primeira parte que, salvo os primeiros instantes de claro dominio local, sumiuse nunha igualdade con alternancias no marcador, onde ningún dos dous equipos puideron gozar de máis de dous goles de diferenza. Ao termo dos primeiros trinta minutos, o Laber Xiria dominaba pola mínima e quedaba todo por dilucidar cara ao segundo acto (15-14).

Comezaba o segundo tempo e unha nova mala noticia obrigaba aos de Culleredo a reinventarse; a baixa de Nuno por lesión deixaba a primeira liña do BM.Culleredo ao límite e as dificultades aumentaban ante un Xiria que incrementaba a súa diferenza ata un cómodo 22-26 no meridiano deste acto. A resistencia do BM.Culleredo viñase abaixo e aínda que o tentaban por todos o medios, cun 2:4 que daba resultado no posicional e unha maior profundidade defensiva; a fatiga, a precipitación e a falta de precisión nos instantes máis delicados, daban ao traste coas ilusións dos visitantes e facilitaban o aumento dos algarismos por parte dos bergantiñáns para establecer unha vitoria prácida nos últimos minutos.

Laber Xiria: 37 (15+22). Mateo Pallas (p), Darío Calviño (p), Esteban Puñal (2), Anxo Canosa (5), Julián García (9), Andrés García (2), Samuel Veiga, Juanma Fajardo (6), Ángel Viña, Martín Fuentes (7), Samuel Regueira (1), Alberto Rodríguez (5), Adrián Sande.

BM. Culleredo Despreocúpate.es: 29 (14+15). Marco González (P), Jorge López (P), Xoel Garrido (1), Martín Ínsua (8), Iago Chao (3), Nuno Loxo (2), Senén Garea (4), Samuel Seijas (6), Lucas Pazos, Iago Bescansa (1), Gonzalo Palleiro (4).

Parciais cada 5´: 4-2 / 7-6 / 9-8 / 10-11 / 13-12 / 15-14 / Descanso / 19-16 / 22-18 / 26-22 / 29-24 / 33-27 / 37-29 / Final.

Colexiados: Pablo Barreiro e Christian García.

Incidencias: Derbi provincial ante o BM.Xiria de Carballo disputado no pavillón Vila De Noia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *