Saltar ao contido

Contundente victoria do xuvenil ‘óptica Gallaecia’.

O pasado sábado, o xuvenil de liga prata recibía na casa o Poio Artai, na sexta xornada ligueira. Os nosos viñan dunha dura derrota do fin de semana pasado, polo que encaraban este encontro cunha motivación extra e con gañas de resolver os erros cometidos nesa xornada anterior.

A nosa defensa 6.0, sólida e sen fisuras, con moita profundidade na disuasión, era quen de provocar erros no ataque rival, propiciando así numerosas transicións en primeira ondada á portería contraria que remataban en gol. O noso esquema de xogo marcou o partido, ás segundas ondadas facían que o marcador subise cómodamente, chegando ao remate da 1a metade 26-7.

Esa foi a tónica xeral do encontro, que continuou na segunda metade. Gran partido dos nosos que foron quen de impoñer o seu modelo de xogo, dándolle velocidade ó balón dende a retagarda, e mantendo a concentración e a intensidade defensiva que tanto se lles demanda, minimizando ás perdas e xogando con comodidade.

Semana nova de traballo para este gran grupo de rapaces que se enfrontarán ao OAR Coruña o próximo sábado. Seguimos traballando!!!!! Noraboa!!!!!

FORZA CULLE!

Balonmán Culleredo 'óptica Gallaecia' 52 - 12 Balonmán Poio Artai.

GOLES:

Balonman Culleredo: Teo (10), Álvaro (15), Gerpe (3), Shaiel (4), Bescansa (3), Marcos (7), Nico (3), Kidus (7), Guille Puga, Iván (p), Javi (p).

Poio Artai: Alejandro Castro (4), Rubén Outeda (3), Ismael Ballejo (2), Fernando Otero (2), Diego Maestro (1), Sergio Aramburu, Álvaro Pérez, Emilio Baqueira, Fernando Otero.

PARCIAIS CADA 5':

4-2/ 11-3/ 16-4/ 18-6/ 22-7/ 26-7/ desc./ 32-8/ 36-9/ 41-10/ 46-10/ 48-10/ 52-12/ final.

ARBITRAXE:

Rubén Iglesias e Uxia Mariño.

INCIDENCIAS:

Sexta xornada da liga prata desputada no municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *