
Este domingo á mañá, no municipal de Tarrío, o noso xuvenil de liga prata recibía ao Balonmán Arousa, na cuarta xornada da competición. Logo de tres xornadas consecutivas sen coñecer a victoria, os nosos encaraban este encontro con moitas gañas e motivación. E así foi, o envite comezaba de cara para o culle, cunha defensa moi activa e centrada, conseguíamos recuperar balón e subir rápido á contra. Correr, correr e correr, esa foi a tónica xeral do encontro, primeiras e segundas ondadas que culminábamos en goles rápidos. Clave a nosa defensa neste duelo que levaba xornadas sen brillar. Ao final da primeira parte, a diferencia no marcador amosaba un 18-6 a prol dos nosos, o cal, encarrilaba o encontro.
Na segunda parte, os nosos saían aínda máis centrados aínda e correxindo eses pequenos erros que acontecían na nosa retagarda, e así seguimos recuperando balóns de forma contundente. A segunda metade non tivo moita complicación para os nosos, que seguiron apretando con intensidade ata o final.
A actitude neste encontro foi digna de eloxiar, e isto cárganos ás pilas para encontros futuros, nos cales temos que sair a por todas e non deixar escapar máis puntos. Seguimos o camiño con folgos, imos rapaces!!!!
FORZA CULLE!!!!!!!!!!!!!!
Bm Culleredo Óptica Gallaecia 41- 13 Balonmán Arousa
GOLES:
Culleredo: Teo Calvo (6), Kidus Abebe (4), Iago Gerpe (5), Diego del Río (7), Álvaro del Busto (4), Guille Puga (3), Marcos Regueiro (3), Shaiel Costa (3), Dani González (3), Iago Bescansa (2), Nico Vázquez (1)
Arousa: Diego García (4), Francisco Javier Sousa (7), Sergio Vidal, Breogán Álvarez (1), Alberto Fernández (1), Mateo Rodríguez, Raul Otero, Matías Ignacio, Daniel Bermúdez Ponte, Roi Falcón.
PARCIÁIS CADA 5': 3-0/ 5-0/ 8-1/ 10-2/ 14-4/ 18-6/ descanso/ 20-6/ 23-8/ 28-8/ 32-10/ 37-10/ 41-13
ARBITRAXE: Pablo Torreiro
INCIDENCIAS: 4ª Xornada da liga prata xuvenil desputada no municapal de Tarrio cun gran número de espectadores.
