Saltar ao contido

UN MÁIS

O Rafergal segue sen coñecer a victoria. Doe máis a imaxe proxectada no campo ca derrota. É duro velas rapazas a merce do rival, velas xogadoras impotentes a hora de meter gol fronte a porteira do Teucro que a penas deixaba ocos libres. Difícil de explicar a situación que estar a pasalo equipo. Volven as perdidas de balóns sen sentido, as descolacacións na vasculacións defensivas, en definitiva , volven erros correxidos en partidos anteriores.

Un Teucro con simple accións de 1x1 non atopaba oposición para penetrar ata 6m. e conseguir gol ou arrincar un penalti.

Tampouco foi o día de atinar coa portería en claras accións de gol, onde o balón se atopaba cunha porteira inspirada ou con os tres paus.

Cabe salientar ca pesar de esta mala racha o equipo non tirou a toalla pelexando ata os minutos finais ,ainda ca ventaxa das locais xa fose considerable dende os minutos iniciais.

De seguro cas victorias chegarán no momento oportuno, tarde ou temprano. Mentres, toca seguir pelexando por sair desta mala racha.

SD.Teucro 32 (18+14): Raquel Castro Sarmiento , Alicia Pintos Rivera , Abilia Alonso Blanco (6), Mara Gonzalez Rey (7) ,Aroa Vieitez Fernandez (6), Marta Garcia Cochon (4), Antia Fernandez Area (9), Rosalia Justo

BM. Culleredo Rafergal 18 (8+10): Diana Dozo ,Adriana Antonio ,Anheliz Amarys Alexander (3), Lucia Ponte , Paula Valderrabano (3), Candela Puga, Adela Areoso ,Lucía Sánchez (3),Carlota Rodriguez (6),Marta Valderrabano (3)

Parcial cada 5 minutos: 4-1/6-3/10-4/13-5/16-8/18-8 Descanso 20-9/23-12/25-13/28-14/29-16/32-18 Final

Colexiados: : Leyre Fernandez De Aranguiz Baztan y Catarina Adao Otero

Incidencias: 4ª Xornada da Liga Ouro celebrada no Pavillón multiusos A Xunqueira. Con 15 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *