Saltar ao contido

FIN DE SEMANA DE BALONMÁN EN CULLEREDO

Nesta fin de semana temos moitísimo traballo.
Xa o venres comeza en Arteixo o sector cos 4 millores equipos de Galicia da categoría cadete masculina de segunda división. Alí clasificamos un equipo que de seguro o fará moi ben.
O sábado e domingo continúan as ligas, pero a reseñar é o partido sénior masculino as 18:30 en Tarrío. De acadar a victoria (ou o empate) o Culle convertiríase no Campión Galego de primeira división a dúas xornadas de remata-la liga, o que daría acceso a fase de ascenso a división nacional.

E coma previa a este apaixoante partido teremos en Tarrío, contra as 17:15h, a realizació da foto oficial do clube deste tempada. Están convocados tódolos xogadores do clube, 240 en total.

Ademáis, coma premio moi ben merecido, ao comezo do partido sénior os nosos xogadores infantis masculinos serán homenaxeados ao acadar a semana pasada o título de campións Galegos a falta de unha xornada para o remate da liga.
En fin, algo se move en Culleredo... i é o BALONMÁN.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *