Saltar ao contido

O BM CULLEREDO SUTENOR, CAMPIÓN GALEGO NA SÚA CATEGORÍA

A falta de unha xornada para o remate da Liga Infantil masculina de División de Honra, o Balonmán Culleredo Sutenor xa é campión Galego, e representará a Galicia no Campionato de España Infantil Masculino. O enfrontamento na casa do segundo clasificado, o BM cisne de Pontevedra, rematou con victoria 17-20 para os rapaces Cullerdenses, que logo de non perder nengún partido na presente tempada, obtiveron así a súa recompensa ao seu traballo, esforzo e dedicación. Compre lembrar que tres dos xogadores deste equipo son integrantes da selección Galega da categoría, outro premio moi importante para o clube.
Algo de historia...Pese a ser moi xóvenes, estes adolescentes de primeiro e segundo a ESO xa levan un tempiño practicando o deporte que máis lles gusta. Sen ir máis lonxe, Iago, o "veterano" balonmanísticamente falando do grupo, xa iniciou a súa andadura no balonmán con 7 anos, e agora, 7 anos despois, logra xunto aos seus compañeiros estar na elite do balonmán galego. Non foi un camiño facil, ainda tengo moitismas portas abertas pola xeración anterior, mais dende o principio estes rapaces viñan con forza. Foi dende o inicio unha xeración prometedora, por número, por traballo e por implicación.
Lembro coma si fose onte cando o 16 de xuño de 2013 organizamos dende o clube, en colaboración co Arteixo BM, unha expedición a León para ollar o partido ESPAÑA-SUIZA da selección Española masculina de Balonmán. Fomos algo máis de 100 persoas, impensable nuns inicios con tan só rapaces de 6-8 anos. Pasámolo xenial. Esa semente dou o seu froito.Dende o Colexio de Tarrio, con Iago, Diego, Marcelo, Iván, Pablo, pasando polo ceip Ría de O Burgo con Álvaro e Marcos, Roi e Nuno, da escola deportiva do clube en Vilaboa, e logo coas recentes incorporacions de Senén (Liceo) e Joel (Abegondo) sen esquecer o resto de compañeiros que compiten no equipo de segunda división, ate ser os millores de Galicia; un camiño longo, de esforzo e perseverancia, que gracias a ilusión de todos eles, o seu traballo e máis o de tódolos adestradores polos que pasaron nestes anos, ademais da inestimable colaboración dos seus proxenitores se materializou no que son hoxe en día. 
Queda moito por andar, moitísimo, pero a semente que o clube puxo no seu día da os primeiros froitos, e abofé que serán moitos máis os éxitos deportivos que viran detrás, tanto desta xeracion coma das que veñen pisando forte dende cativos. O clube segue sementando, sobre todo ilusión e valores de esforzo, sacrificio, compromiso... tan necesarios para a vida, non só a deportiva.
Preguntaba hai anos un pai e adestrador que qué método utilizábamos no clube para adestrar: "o método de crear a ilusión, o do traballo día a día e o de establecer un compromiso para axudar que cada nen@ elaboure o seu propio camiño", algo así respondín, e seguimos niso. 
Parabens a esta boa xeración por tódolos valores xa enumerados e por ser un exemplo para os máis cativos. 


A seguir así.

BM Culleredo, editorial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *