Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, CONSEGUE O SEU OBXECTIVO E DISPUTARÁ A LIGA OURO

Nesta mañá solleira de Domingo, o BM. Culleredo Despreocúpate.es tiña unha misión clara e diáfana e esta pasaba por derrotar ao OAR no que sería o primeiro derbi da tempada. O envite tiña ademáis connotación de final, xa que  o conxunto que se impuxese neste enfrontamento, pasaría a ser, por dereito propio, equipo de Liga Ouro, mentres que o que saíse derrotado, veríase abocado a xogar na liga Prata. Aínda que non fose o mellor torneo dos de Culleredo a nivel de xogo, estes, souberon alcanzar o obxectivo, superando as adversidades en forma de baixas dalgúns compoñentes do grupo e, con momentos de tensión e sufrimento, alcanzar o billete para disputar a máxima categoría do balonmán xuvenil.

O encontro de hoxe non sería distinto e aínda que os locais dominaron o marcador desde o inicio, a irregularidade no xogo provocaría certas dúbidas en momentos importantes, alternando instantes de lucidez con outros de certa incertidume, coma se dunha montaña rusa se tratase. Os mellores momentos do equipo chegarían cando se rozaba o final do primeiro tempo, onde os cullerdenses, cun parcial de 7-2 en dez minutos, conseguirían escaparse no marcador e dominar ao descanso cunha vantaxe cómoda (19-12).

Comezaba o segundo acto e aínda que ata o meridiano o BM. Culleredo Despreocúpate.es aguantaba a renda con parciais igualados, a partir de aquí, un cúmulo de erros defensivos daba esperanzas aos coruñeses, que se colocaban a unha distancia de dous goles (26-24). Reaccionaría entón o conxunto cullerdense, que da man dun inconmensurable Jorge baixo paus, sentenciaría a contenda cun parcial de 7-0 en cinco minutos a través de recuperacións defensivas e rápidos contragolpes.

Ledicia no pavillón de Tarrío polo ascenso conseguido, aínda que tristura pola lesión de Xoel Garrido, que esperemos non revista maior importancia e ao que lle desexamos unha pronta recuperación.

BM. Culleredo Despreocúpate.es: 37 (19+18). Marco González (P), Jorge López (P), Iván Manzo (P), Xoel Garrido (1), Martín Ínsua (5), Mateo Kidus De Salvador, Guillermo Briones (1), Iago Chao (1), Nicolás Pérez (5), Guillermo Puga, Mateo Díaz (4), Senén Garea (8), David Martínez, Samuel Seijas (7), Lucas Pazos, Gonzalo Palleiro (5).

OAR Coruña: 26 (12+14). Iván Alfonso Pazos, Brian Soliño, Besay Austí Dalmau (1), Diego Infante, Joel Rabade (7), Antón Casas (2), Adrián Pérez (5), Dereck Capelo (1), Richard De Jesús Tejada, Ramón López (3), Cristovo Mateo Castro, Efrén Oviaño (7).

 Parciais cada 5´: 3-2 / 7-4 / 11-8 / 12-10 / 16-10 / 19-12 / Descanso / 20-14 / 23-17 / 24-21 / 26-23 / 33-23 / 27-26 / Final.

Colexiados: Pablo Torreiro e Rubén Iglesias.

Incidencias: Derradeiro encontro dos Play-Off de ascenso a Liga Ouro, disputado no pavillón de Tarrío ante cerca de oitenta seguidores de ambos os conxuntos.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *