Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

PLAY-OFF INFANTIL FEMININO:

Esta xornada as nosas nenas do Bm Culleredo Canosa Abogacía desprazaranse á Guarda para desputalo Play-Off de ascenso á liga de ouro infantil feminina. A tarefa é complicada, pero de seguro que as nosas nenas farán un bo papel e sairán a competilos 3 partidos ata o final, loitando por unha desas 3 prazas do grupo que dan acceso á liga de ouro. No primeiro día toca enfrontarse ao Clube Balonmán Tui, do que podemos esperar que amose unha sólida e dura defensa e que saia moi rápido ao contraataque. O sábado toca enfrontarse ao Cañiza, equipo que de seguro terá un moi bo nivel vendo as grandes xeracións que saen deste clube cada ano. Por último, o domingo toca enfrontarse ás organizadoras, o Mecalia Atlético Guardés, que conta coa ventaxa de xogar na casa e nos porá moi difícil conseguir os 2 puntos nese encontro.

PLAY-OFF INFANTIL MASCULINO:

Esta fin de semana o Bm Culleredo Remax Riazor xoga o Play-Off de ascenso a liga Ouro.
O sábado xogará o primeiro partido fronte o equipo local do Cisne e o domingo xogará o derradeiro partido de grupo contra a Sar de Redondela.
Moita ilusión nos rapaces por poder acadar un pequeno obxetivo co fin de poder competir esta tempada na máxima categoría infantil masculina.

PLAY-OFF XUVENIL FEMININO:

PLAY-OFF XUVENIL MASCULINO:

Esta fin de semana, os xuvenís do BM.Culleredo despreocúpate.es, serán os anfitrións do Play-Off que decidirán cales son os equipos que se clasificarán para competir na División de Honra da categoría esta tempada. Os partidos, que se disputarán de Venres a Domingo no municipal de Tarrío, enmarcaranse dentro do grupo 1 e ademáis dos locais, visitarán Culleredo o Reca Hollywood Seis Do Nadal de Vigo, o OAR Coruña e o Balonmán Porriño. 

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, comezará a súa participación o venres ante o Reca Hollywood Seis Do Nadal ás 19:30, para continuar o sábado ás 13:00 e rematar o Domingo no último encontro da xornada co derbi provincial fronte ao OAR. Os de Culleredo, a pesar das baixas importantes, teñen como obxectivo conseguir o billete que outorga unha das dúas primeiras prazas deste grupo para disputar a competición de División De Honra da categoría nesta tempada que nos ocupa. Non será tarefa fácil e para iso terán que dar o 100% nos tres días de competición, afianzándose na súa retagarda como elemento imprescindible para conseguir o premio final e impondo o seu estilo de xogo ante os conxuntos rivais.

A xornada do venres, completaraa o enfrontamento OAR Coruña vs Balonmán Porriño ás 21:00h, a do sábado o OAR Coruña vs Reca Hollywood Seis Do Nadal (11:00h) e a do domingo, Reca Hollywood Seis Do Nadal vs Balonmán Porriño, tamén as 11:00h.

(SM) BALONMÁN CULLEREDO VS ACANOR ATLÉTICO NOVÁS:

Este sábado o BM. Culleredo recibirá ao Acanor ATL. Novás do Rosal na que será a terceira xornada de Copa Sponsor dentro do grupo B. Os cullerdenses, que do mesmo xeito que os rosaleiros contan os seus partidos por vitorias, desexan conseguir os dous puntos e situarse no máis alto do grupo nesta competición, que sufrirá un parón despois deste encontro e ata o 01/05/22, unha vez remate a competición ligueira.

Os de Culleredo, cun amplio plantel esta tempada, deberán de impoñerse as múltiples baixas por problemas físicos e persoais de varios xogadores para superar o gran obstáculo que con certeza suporá o Acanor ATL.Novás.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *