
O BM.Culleredo, conseguíu unha nova vitoria na súa andaina pola Copa Sponsor. Son de momento dúas vitorias noutros tantos partidos e esta, lograda a domicilio.
O encontro en Vigo comezou cun equipo cullerdense dominador do xogo, pero de novo precipitado nalgunhas fases, tal e como ocorrese co BM.Pontedeume a pasada semana, cuestión que non permitía que a diferenza no marcador fose tan evidente como no xogo. Deste xeito, a distancia, que fora de cinco goles como máximo, establecíase en catro de vantaxe para os cullerdenses ao termino do primeiros trinta minutos (12-16).
Coa mesma velocidade e idéntico dinamismo, pero maior precisión, o BM. Culleredo poñería terra polo medio no segundo acto, iniciando cun 1-5 de parcial nos primeirso cinco minutos da continuación e establecendo unha brecha insalvable xa para os locais e que iría aumentando co paso dos minutos (13-21). O bo facer defensivo e o contragolpe, serían claves neste rápido despegamento que sentenciaría o encontro e posibilitaría que o BM.Culleredo vivíse un segundo tempo prácido para rematar a faena cos dous puntos en xogo no seu poder.
Granitos Ibéricos Carballal: 18 (12 + 6). José Gregores, Samuel Rodríguez (1), Pablo Vilaboa (5), Lois Castro, Lois Martínez, Lucas Castro (1), Pedro Abad (1), Iago Suárez, Ricardo Manuel González, Brais Alonso, Abel Carreira (7), José Miguel Cid, Darío Pérez (3), Cristobal González, Carlos Rey, Blas Cabaleiro.
BM. Culleredo: 32 (16 + 16). Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Carlos Costa (1), Mario Crecente (4), Iago Franco (3), Daniel Del Río, Marcos Vázquez (7), Daniel De Salvador (1), Juan De Salvador, Darío Pérez (2), Adrián Díaz (3), Iago Ferreiro, Diego Gago (3), Martín ínsua (4), Aresio Rosende (4).
Árbitros : Víctor M. Rivera e Oscar Fdez.
Incidencias: Segunda xornada da Copa Sponsor no grupo B da categoría autonómica senior masculino. Encontro disputado no municipal de Carballal e sen público polas medidas Covid impostas polo concello de Vigo.
Fotos do encontro:





