
Quizáis este non foi un bo comezo da tempada 21/22 para as nosas rapazas do cadete feminino do Fisioterapia Benestar ,colleitando outra derrota no partido disputado no Pabellón de Tarrío o sábado pola mañá contra o Dispesfra Rasoeiro BM. Un intenso partido de principio a fin, sen un claro gañador ata os últimos minutos. O xogo mostrado no campo por ámbolos equipos non permitía relaxarse nin a o púbrico nin as xogadoras, quizais o corazón e a ilusión que puxo o equipo rival a falta de 10 minutos e a falta de acerto no lanzamento nos últimos minutos compases do Culleredo, foi a clave do partido. Desta vez que se chegara o asubío do descanso, rompeu totalmente a remontada espectacular que se estaba a producir e o ritmo e actitude que se estaba a ver.
A segunda parte foi un intento de manter a vantaxe adquirida da primeira parte pero non foi posible. Unhas contras por perdidas de balón nos votaron fora do partido e ter varios balóns para empatalo pasou factura.
É hora de facer balance desta primeira competición antes da liga e continuar paso a paso sen relaxarse
BM CULLEREDO FISOTERAPIA BENESTAR 20 (11+9): CARLA BELLO LOPEZ (2),AROA BARBEITO CASAS, IRENE BERMUDEZ MONTERO (2), MARIA BESCANSA ALCOBA, CARLA ESTRAVIZ SUAREZ, NOA INSUA GOMEZ, MARINA RODRIGUEZ FERNANDEZ (11), TIRSA SUAREZ GIL, AITANA TASENDE DOMINGUEZ (2), VALENTINA MARTINEZ FIUZA (2), PAULA PETEIRO VAZQUEZ (1)
DISPESFRA RASOEIRO BM 23 (8+15) :NAOMI ALVAREZ NAVEIRO, XULIA CASTELO BRANO, LUNA OTERO PROL (5), ELBA DOMINGUEZ PROL (1), LUCIA GUILLERMES GARRIDO (3), SHAILA FERNANDEZ BRAVO (5), NOA PARADA CONDE (5), CLOE PARADA CONDE, VALERIA CHAVES NAVEIRO (2), SOFIA LUA DE SETA MARTINEZ, MARIÑA CAMIÑA GARCIA (2), XULIA OTERO DOMINGUEZ, ZAIDA CASTELO BRAVO
Arbitros : Ángel Mateos Alonso
Parciais cada 5´: 1-4/2-4/5-4/5-7/8-8/11-8 Descanso 13-11/15-12/16-15/17-16/17-21/20-23 Final
Incidencias: Xornada 3ª da primera fase da Copa Galicia grupo E Cadete femenino celebrada no Pabellón Municipal de Tarrío. Con 25 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.
