Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

Xornada diferente a desta fin de semana, coas copas casi rematadas para os nosos equipos, tendo únicamente 3 partidos en toda a xornada. Toca un último esforzo antes dos play-off que se xogarán a próxima semana!

(IM) BM CULLEREDO SUTENOR VS S. D. TEUCRO

Este domingo ás 11:00 en Tarrío o Bm Culleredo Sutenor enfrontarase á S. D. Teucro no que será o seu derradeiro partido de copa. O partido xógase esta fin de semana tras ter que ser aprazado a semana pasada, sendo posiblemente o encontro máis igualado que desputarán os nosos nenos do Sutenor nesta copa.

Os cullerdenses deberán manter o nivel defensivo amosado ata o de agora, coas función individuais claras e esas ganas continuas de roubarlles o balón aos rivais. Polo outro lado, toca dar un paso adiante no ataque e solventar os problemas existentes. De seguro se verá unha melloría e sairemos de novo a competilo partido ata o pitido final do colexiado.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS DISPRESFA RASOEIRO BM

Último partido da Copa Galicia e o Fisioterapia Benestar busca a súa primeira vitoria. O equipo cullerdense  vai a por todas no derradeiro partido de Copa Galicia, aínda así o Rasoeiro non porá as cousas fáciles e vira tamén con ganas parar a buscar a que sería tamén para elas a primeria victoria. Forza Culle!

(SM) GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL VS BM.CULLEREDO

Este Domingo, o BalonmánCulleredo de categoría senior, desprazarase a Vigo para disputar o segundo partido da Copa Sponsor. Será ás 12:30h no municipal de Carballal e os cullerdenses tentarán firmar a segunda vitoria noutros tantos encontros, ademáis de mellorar o xogo con respecto ao partido do fin de semana pasado fronte ao Dispensán Café Pontedeume. Para voltar a recuperar as boas sensacións de pretempada, que pasan polo xogo alegre e dinámico que viñan amosando os de Culleredo, a retagarda deberá de estar a un nivel sobresaínte e haberá que minimizar as perdas de balón e os erros cometidos no partido anterior. A velocidade da pelota, como sempre, clave no posicional, ao igual que as intencións dos xogadores cara a portería rival, nun xogo colectivo que deberá de soar de xeito coral.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *