Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Baía Edicións!

Temos nova entrega de “Hoxe coñecemos a…” para que poidades seguir coñecendo á xente que nos apoia. Hoxe coñeceremos Baía Edicións, editorial galega de gran prestixio que loita pola literatura da nosa terra.

Para poder coñecer un pouco máis Baía Edicións, tivemos o enorme pracer de conversar con Belén López, unha das propietarias da editorial dende hai xa algo máis de 15 anos.

Baía Edicións é unha editorial que publica exclusivamente contido en galego e que sempre estivo aquí ao lado na Coruña, primeiro na zona de Monelos e agora ubicada en Pocomaco.

Para que todo poida funcionar con normalidade hai 4 persoas dedicadas a isto dentro da Editorial, que se encargan de xestionar todo o preciso para que os libros saian adiante e cheguen ás nosas casas. Destacar que en Baía, ademáis de publicar obras de escritores e escritoras recoñecidos, reciben e valoran os proxectos que aquelas persoas que desexan intentalo lles envían, analizándoos e valorándoos.

Dende Baía sae literatura galega para todo tipo de público, de diferentes idades e gustos, saíndo adiante últimamente, por exemplo, moitos libros de temática feminista e guías da natureza. Hai que valorar moi positivamente este esforzó, dada a maior dificultade que supón a todos os niveis o apostar pola literatura en galego e non en castelán, tendo un gran mérito todos os éxitos que acadan.

Actualmente, dende Baía podes adquirir os teus libros tanto na súa versión física como na dixital, adaptándose ao que máis che guste. Conseguindo editar entre 10 e 20 libros anuales, Baía danos a todos nós a oportunidade de seguir lendo e non deixar de lado unha actividade fundamental para adquirir coñecementos, activar o noso intelecto e relaxarnos.

Poderedes atopar os libros de Baía Edicións case en calquera librería ademáis de poder acceder ao seu catálogo e mercalos libros na súa páxina web (https://baiaedicions.gal/).

RECOMENDACIÓNS DE BAÍA

Nesta conversa queríamos aproveitar a oportunidade e preguntarlle a Belén que libros nos recomendaba, para que toda a familia do Balonmán Culleredo poida disfrutar dun bo libro. Prestade atención que son os seguintes:

  • Literatura infantil (6-11 anos):

Literatura xuvenil (12-17 anos) e adulta:

Outras recomendacións:

¿POR QUE APOIAR AO BALONMÁN CULLEREDO?

Sen dúbida decidimos apoiar ao Balonmán Culleredo por ser un equipo de pobo, con formalidade, seriedade e que lles ensina valores aos nosos nenos e nenas. Fan un traballo excepcional e consiguen que os nenos e nenas de Culleredo disfruten do balonmán.

Ademáis é un clube que defende a igualdade e está a apostar polo balonmán feminino, crecendo moito nas últimas tempadas e que de seguro seguirá así.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *