Saltar ao contido

Fase de ascenso a 1°nacional

A pasada fin de semana o noso equipo senior masculino disputou a fase de ascenso a 1 ° nacional na cidade de Oviedo .

O Venres nos enfrotamos o LIBERBANK SINFIN B nun partido no que xogamos ben a 1° metade onde fumos dominando en gran parte con vantaxas de ata 4 goles.No segundo tempo non estivemos o nivel que ten este equipo. Os cántabros aproveitárono para levarse unha abultada victoria ( Liberbank Sinfin 30- Balonman Culleredo 20)

O Sábado tocounos xogar contra o equipo local, o Balonman Vetusta . Partido no que fumos sempre a remolque no marcador pero a falta de 2 minutos fumos capaces de poñernos 1 gol por enriba . 2 últimos minutos apaixoantes onde o equipo ovetense foi quen de darlle a volta e levarse a victoria .(Balonmano Vetusta 25- Balonman Culleredo 24)

O Domingo enfrontámonos o Balonmano Lagunak .O conxunto Navarro estaba obrigado a gañar para así poder optar a ser o campión da fase .O cuadro cullerdense non tiña nada en xogo na clasificación, pero ainda así saiu o partido a competir e loitar pola victoria. Dominamos o encontro de inicio a fin con vantaxas de 2 e 3 goles durante toda a 1° metade. Na 2° metade o conxunto Navarro chegou a acercarse a 1 tanto no electrónico ,pero a maior frescura física do noso equipo permitiunos acabar o encontro mellor e poder lograr a victoria .(Balonman Culleredo 29- Balonmano Lagunak 25)

Felicitar a todo o equipo polo esforzo realizado na fin de semana no que fomos de menos a mais e de seguro que nos serviu para seguir mellorando e que na próxima tempada seamos mellor equipo.

Agora toca descansar para voltar con forzas na próxima tempada.

FORZA CULLE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *