Saltar ao contido

Previa da xornada!

Nova xornada de balonmán para todos os nosos equipos de base, na que algúns deles terán tamén dobre xornada, polo que será unha xornada cargada de partidos e con moita esixencia!

(Infantil fem.) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS CP LUCENSE

                          BM BRIGANTIUM VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

Dobre xornada esta fin de semana. O sábado 20 ás 13:00 horas en Almeiras recibiremos ao Lucense en partido adiantado . E o domingo 21 ás 10:00 iremos ao pavillón Novo Mesoiro para xogar o partido contra as nosas veciñas, o BM Brigantium. Dúas xornadas consecutivas nas que a obtención dos 4 puntos en xogo sería moi importante de cara a competición.

(Infantil masc.) GLOBALMAR SEALAND CARBALLAL VS BM CULLEREDO SUTENOR

Viaxa o noso equipo infantil do Sutenor a terras viguesas para enfrontarse a un complicado rival como é o Carballal, prométese un partido moi desputado, onde o Culleredo buscará a competitividade en todo momento.

(Infantil masc.) BM CULLEREDO SUTENOR VS ABEGONDO F40

Derbi provincial nesta liga de Ouro, prométese un partido moi intenso onde os dous equipos contan todos os seus partidos por victorias.

O Culleredo Sutenor quere facerse forte na casa e o Abegondo buscará unha nova victoria fóra do seu feudo.

(Infantil masc.) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS BM ATLÁNTICO

Os nosos rapaces do Bm Culleredo Construpereiro enfróntanse este domingo a un duro rival, o Bm Atlántico. Este partido será de gran rivalidade e de seguro que terá emoción ata o final para ver quen acaba levándose os 2 puntos a desputar en Almeiras. Veremos se os nosos rapaces volven a mostrarse igual de entonados que a fin de semana pasada e se ademáis poden quedarse coa victoria!

(Infantil masc.) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Desprazaranse este domingo os rapaces do Remax Riazor a Lugo para desputar esta 2º xornada da liga de prata. Volverán a enfrontarse aos lucenses despois de facelo xa en 2 ocasión na fase anterior na que xa observamos un progreso dos nosos rapaces, que se traducía nun mellor resultado no marcador. Veremos se o traballo que levan feito dende a última vez vale para seguir sendo competitivos e pelexar polo partido.

(Cadete fem.) BM RIBADOSAR VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Volven a enfrontarse estos dous equipos outra vez, nesta ocasión o Fisioterapia Benestar busca de novo unha victoria. As nosas cadetes veñen de realizar un bo encontro no partido anterior e queren repetir as mesmas sensacións.

(Cadete fem.) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS CP LUCENSE

Novo partido para as nosas cadetes, nesta ocasión buscarán repetir victoria ante o CP Lucense, equipo que mellora progresivamente.

As nosas teñen como obxetivo realizar unha boa fase defensiva para poder contraatacar rapidamente ao equipo de Lugo.

(Cadete masc.) BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS VS PIZZERÍA BARATO LUCEROS

O venres en Almeiras enfrontaranse os dous primeiros clasificados no grupo B da liga Ouro e é que os visitantes, o Pizzería Barato Luceros (Cangas Do Morrazo) e o BM. Culleredo Indutec Ingenieros, segundo clasificado, contan os seus partidos por vitorias e comandan a clasificación empatados a puntos. Os dous conxuntos prometen un dos mellores partidos que se poden ver na categoría e que con certeza nos deparará un duelo apaixonante. O envite comezará ás 18:00h.

(Cadete masc.) ASMUBAL MEAÑO VS BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS

O domingo serán os de Culleredo os que teñan un desprazamento á provincia de Pontevedra, neste caso a Meaño, para enfrontarse ao conxunto cadete masculino da localidade. Sexa cal fora o resultado do Venres, os cullerdenses deberán de sacar un resultado positivo desta visita si queren aspira o máis alto da clasificación final e continuar ao mesmo tempo coa progresión e a mellora no xogo en cada partido para afrontar futuros e maiores obxectivos. O BM. Indutec Ingenieros deberá de mellorar ante esta dobre confrontación algúns conceptos e situacións na súa retagarda que lles permitan sacar máis proveito da velocidade ao contragolpe e aumentar as súas prestacións nesta importante fase do xogo.

(Xuvenil fem.) ASMUBAL MEAÑO VS BM CULLEREDO RAFERGAL

O BM. Culleredo Rafergal, viaxará o vindeiro Domingo a Meaño para disputar a terceira xornada da "Liga Prata" en categoría xuvenil feminina ante o Asmubal Meaño. As cullerdenses, que fixeron un bo encontro e caeron pola mínima a pasada xornada en Porriño, desexan conseguir algo positivo nesta saida para non perder comba cos postos altos da clasificación. Manter o bo facer en tarefas defensivas e mellorar algún conceptos no ataque posicional, son os principais retos que teñen as de Culleredo para conseguir unha posible vitoria. O encontro disputarase ás 12:30h no pavillón Coirón Arena.

(Senior masc) MC360 POIO ARTAI VS BALONMÁN CULLEREDO

O sábado en Almeiras ás 18:30 despútase a 3ª xornada da fase polo título. Nesta ocasión o rival será o Balonmán Porriño, equipo sempre competitivo contra o que teremos  que xogar un balonman máis fluido que o da anterior xornada, se queremos seguir loitando polos postos altos da clasificación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *