Saltar ao contido

Victoria do ConstruPereiro, que gana con autoridade no San Francisco Javier!

Volvía o ConstruPereiro á competición e facíao a domicilo contra o veciño OAR Ciudad. O partido plantexábase factible para os nosos rapaces que veñen de traballar ben estos meses e de amosar que teñen capacidade para competir con calquera rival.

Dende o comezo do encontro veríase a un Bm Culleredo ConstruPereiro coas ideas moi claras, sen deixar que o OAR tivese nin un respiro en ataque, presionando moi ben as liñas de pase rivais e moi fortes no 1x1. A maiores do traballo defensivo individual dos rapaces, puido verse a un ConstruPereiro moi solidario e cos aspectos tácticos colectivos defensivos ben asimilados, deixando prácticamente sen opcións a un rival ao que deixaba en tan só 4 goles ao descanso. Na parcela ofensiva non tivemos complicacións gracias ao bo traballo da defensa, xa que a partirtes del xurdían as rápidas transición tras roubo e os contraataques en 2º oleada, dos que sacamos gran partido. Con todo esto iríamos ao descanso con un favorable 4-13.

A segunda parte comezaba coa mesma tónica, sin embargo os erros de selección de lanzamento dos nosos extremos déronlle oportunidade ao OAR de acercarse no marcador. Cabe destacalo gran xogo despregado polos nosos ante a defensa 6:0 local, que dándolle velocidade ao balón e buscando apretar ao impar acababa por encontrar sempre unha superioridade. Xa nos últimos 10 min de partido, o OAR axustaba certos aspectos ofensivos e estaba máis forte neses 1x1, que xunto con algún desaxuste defensivo dos nosos rapaces lles daba aos rivais máis oportunidades de gol, chegando ao final do encontro con un 14-29.

OAR Ciudad: 14 (4+10). Víctor (2), Rodrigo, Marco (1), Leo C. (1), Nicolás, Carlos, Ángel (3), Leo F. (1), Roi, Yan (2), Íker (1), Matías (1), Sergio (2).

Bm Culleredo ConstruPereiro: 29 (13+16). Adrián (P), Rubén (P), Teo (4), Fabián (7), Hugo (2), Noé, Nicolás A. (2), Nicolás D. (2), Josemi (5), Antón (5), Mateo (2).

Parciais cada 5´:  0-1/0-3/1-6/2-10/4-13/ Descanso /5-16/6-18/9-22/12-24/14-29/ Final.

Colexiados: Julio López e Manuel Pazos. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro correspondente a xornada nº1 da segunda fase de competición, liga prata infantil masculina grupo A. O encontro disputouse no San Francisco Javier.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *