Saltar ao contido

Gran partido do Remax Riazor, que roza a victoria ante un bo Arteixo!

O Bm Culleredo Remax Riazor enfrontábase nesta volta á competición ao Reprint Arteixo Bm, equipo xa coñecido da anterior fase.

Volvíamos a enfrontarnos ao Arteixo tras un parón e comezábamos o encontro moi igualados ambos equipos, con accións de alta intensidade e intercambio de goles entre ambos conxuntos. Nesta primeira metade, os nosos nenos fixeron un gran traballo defensivo, donde os erros individuais que había por momentos se vían rápidamente cubertos coa axuda dun compañeiro. Correxindo estos desaxustes iríamos mellorando o rendemento en defensa, sen embargo un bo final da primeira parte do Arteixo facía que nos sacasen ao descanso unha vantaxe de 4 goles.

Na segunda parte a defensa do Arteixo seguía a darnos problemas, costándonos chegar a portería con claridade, pero esto víase compensado tanto coa nosa mellora defensiva como con unha moi boa actuación en portería de Hugo nesta segunda metade. O encontro transcurría coa máis absoluta igualdade e nun último intento de remontada, subindo a nosa defensa ata a metade da pista, estivemos a punto de acadala, conseguindo varios roubos de balón que materializábamos. Sen embargo a falta de tempo deixounos coa mel nos labios trans ese último parcial de 3-0 para os rapaces do Remax Riazor.

Gran partido dos nosos rapaces que seguen a crecer como xogadores!

Bm Culleredo Remax Riazor: 18 (9+9). Hugo (P), Xoán (2), Iago (3), Diego (1), Mario, Mateo (1), Bieito (2), Álvaro (4), Roi, Víctor, Jorge (5), Felix.

Reprint Arteixo Bm: 20 (13+7). Alex, Hugo, Iago, Jairo, Lucas, Martín G., Martín T., Roi V., Roi M., Mateo, Tomás.

Parciais cada 5´:  3-2/5-6/6-8/7-11/9-13/ Descanso /11-15/12-17/13-18/15-20/18-20/ Final.

Colexiados: Jose López e Nicolás Núñez. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro correspondente a xornada nº1 da segunda fase de competición, liga prata infantil masculina grupo A. O encontro disputouse no Pavillón de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *