Saltar ao contido

Previa da xornada!

A semana pasada voltaban á competición unha pequena parte dos nosos equipos e esta fin de semana, por fin voltan todos os equipos dende categoría infantil. Un momento que era moi esperado por todos os nenos e nenas do clube e que nos deixará os seguintes encontros.

(Infantil fem.) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS BALONMÁN XALLAS FC

As nosas pequenas guerreiras do Bm Culleredo Canosa Abogacía están de novo en marcha. Comeza unha nova andaina do equipo na Liga infantil de Prata feminina o sábado 13 ás 13:00 no Pavillón de Almeiras. Farao fronte ao Balonmán Xallas, un coñecido do noso equipo onde de seguro veremos un bo encontro cheo de ganas e ilusión por volver á competición.

(Infantil masc.) BM CULLEREDO SUTENOR VS PANADERÍA MONSERRAT BM PABELLÓN

Comeza de novo a competición na categoría infantil masculina e os nosos rapaces do Bm Culleredo Sutenor estrean esta nova competición no Pavillón de Almeiras. O Culle volve co obxetivo de recuperalo ritmo competitivo e de buscar esas boas sensacións nos partidos. Espéranos un bonito partido o sábado as 10:30 en Almeiras.

(Infantil masc.) OAR CIUDAD VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

Os nosos rapaces do Bm Culleredo Construpereiro visitan ao equipo infantil do O.A.R Coruña, clube no cal o primeiro equipo milita na 1ª Nacional.

Moitas ganas e ilusión teñen neste equipo coa volta á competición tras tanto tempo e desprázanse á Coruña para intentar conseguir unha victoria na primeira xornada da liga de Prata neste derbi coruñes.

(Infantil masc.) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS REPRINT ARTEIXO BM

De novo os infantís do Bm Culleredo Remax Riazor volven ás pistas para competir, desta vez toca enfrontarse de ao Balonmán Arteixo, xa na competición anterior ambos equipos nos tiñan deixado uns partidos moi competitivos que resultaban atractivos e emocionantes ata o final do encontro. Esta semana veranse de novo e veremos quen é capaz de levarse os 2 puntos neste 3º enfrontamento.

(Cadete fem.) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS BM LÍNEA 21

Nesta nova xornada de competición terán as nosas cadetes do Bm Culleredo Fisioterapia Benestar que xogarse un encontro contra as veciñas coruñesas, no derbi que nos enfronta ao Línea 21. Prométese un partido intenso ata o final e cheo intensidade, este domingo ás 13:00 en Almeiras poderemos ver quen é capaz de levarse o encontro.

(Cadete masc.) TALLERES LONTREIRA BM CANGAS VS BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros desprazarase ata terras do Morrazo para afrontar a segunda xornada da “Líga Ouro". Os cadetes de Culleredo, que se impuxeron a semana pasada ao Acanor Atl. Novás con solvencia, desexan continuar crecendo en ritmo de xogo e no sentido colectivo do mesmo para competir nunha cancha sempre difícil e poder seguir sumando os seus enfrontamentos por vitorias. O envite será o vindeiro domingo ás 11:00h no pavillón de “O Gatañal”.

(Xuvenil fem.) BALONMANO PORRIÑO “B” VS BM CULLEREDO RAFERGAL

O BM. Culleredo Rafergal, viaxará o vindeiro sábado a Porriño para disputar a segunda xornada da "Liga Prata" en categoría xuvenil feminina ante o Balonmán Porriño "B". As cullerdenses, que lograron unha ampla vitoria fronte ao BM. Chapela a pasada xornada, desexan constatar nunha cancha punteira dentro do balonmán feminino autonómico o seu bo facer e completar un gran partido ante o conxunto local. O encontro disputarase ás 20:00h no pavillón Municipal de “O Porriño”.

(Xuvenil masc.) LABER XIRIA VS BM CULLEREDO TÉCNICOS 115

Despois de completar un bo encontro e competir de maneira sobresainte ante o fanfurriñeiro da categoría a semana pasada, o BM. Culleredo Técnicos 115 terá outra dura proba nunha das canchas máis complexas de Galicia. Os xuvenís de Culleredo, desprazaranse este sábado a Carballo para enfrontarse no pavillón Vila De Noia ao Laber Xiria coas ilusións intactas por seguir crecendo e asinando notables actuacións ante os mellores rivais da comunidade galega. O conxunto de Culleredo e o de Carballo están igualados con dous puntos na táboa clasificatoria, co que será un aliciente máis dun encontro que xa de por si mantén as expectativas altas dun derbi provincial. O Técnicos 115 deberá de ter outro día de lucidez, concentración e acerto en todas as fases do xogo para combater o potencial do conxunto de Bergantiños. O envite dará comezo ás 12:15.

(Xuvenil masc.) BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA VS SAR CENTRO MÉDICO CESANTES

Por fin volvemos ao 40x20 despois deste largo parón. Os nosos xuvenís do Bm Culleredo Bermúdez Ulloa enfróntanse ao histórico SAR de Redondela, partido que a priori amosa loita, entrega e competitividade, no cal iremos a por todas para obter os dous puntos. Imos con ganas!

(Senior masc) MC360 POIO ARTAI VS BALONMÁN CULLEREDO

Despois da victoria da pasada fin de semana fronte a un duro rival, o equipo viaxa a Poio para xogar na casa do colider da categoría. Haberá que xogar un bo partido e coa mesma seriedade que na pasada xornada para intentar sacar un bo resultado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *