Saltar ao contido

Xornada amigable co Balonmán Atlántico.

Esta sábado pola mañá, os nosos cadetes recibían o Balonmán Atlántico de Oleiros. Encontro intenso con reparto de moitos goles, no que ao final decantouse polo Culle cun gol de diferenza.

Os nosos comezaban fríos e pouco intensos na defensa, permitindo goles fáciles aos riváis. Nos primeiros minutos do encontro, encaixábamos un parcial de 5-0. Malia iso, pouco a pouco íamos apretando os dentes e recuperando algún balón, o cal permitíanos meternos no encontro. Tempo morto do adestrador local, un par de axustes máis e os nosos saían con gañas de revertir o marcador. Así conseguiamos recortar diferenzas, aínda así, ao final da primeira metade, rematabamos 3 tantos abaixo.

A tónica da segunda metade, foi parella. Un constante reparto de goles de ambos conxuntos, na que as defensas non foron o máis destacable. Os nosos ataques constantes de segunda oleada e un bo ataque posicional ante unha defensa 3:3, con acertadas circulacións dos extremos permitíannos estar á par dos riváis case ata o final do encontro, minutos fináis nos que nunha boa defensa e exprimindo os nosos últimos folgos, robabamos balón e conseguíamos o último e decisivo gol, que nos daba a victoria deste amigable encontro.

Seguimos traballando!

Forza Culle!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *