Saltar ao contido

ILUSIONANTE COMEZO DOS EQUIPOS ALEVINS DE BALONMÁN CULLEREDO

Os catro equipos alevíns do Balonmán Culleredo mediron as súas forzas o sábado en Almeiras

O pasado sábado os catro equipos alevíns BM7 do balonmán Culleredo, O BM Culleredo Femenino, o BM Culleredo Canedo, o BM Culleredo Opemat e o BM Culleredo enerxíasolar.com enfrontáronse entre eles nunha xornada amigable, a primeira xornada de partidos postconfinamento.

O BM Culleredo Canedo enfrentouse a tres tempos de 10min ao BM Culleredo Femenino, proporcionando un bo espectáculo no que os equipos iniciaron a súa andadura no balonmán 7. Nun primeiro momento o Femenino non atinaba a portería, o que proporcionou certa ventaxa ao Canedo, mais logo duns axustes da súa adestradora, o Femenino recortaba distancias no electrónico do municipal de Almeiras, vivíndose nos derradeiros minutos un intenso choque por ver quen saía vencedor.

Por outra banda, o BM Culleredo Opemat enfrontouse ao BM Culleredo enerxíasolar.com. Comezou o choque igualadísimo, con despuntes de un e outro grupo a partes iguais. O Opemat optou máis pola forza, mais a velocidade do Enerxía non dou pé ao distanciamento no marcador. Outri choque tremendamente igualado que remataba con empate no final do partido

Tódolos xogadores participaron no xogo, e a destacar o debut nos seus respectivos equipos de Yago, Hugo Nodar, Hugo Bregua, Mateo, Hugo neira, Leo, Nadia e Diego, novas incorporacións nesta tempada que de seguro desfrutarán connosco do deporte que máis no gusta.

A destacar a asistencia do 100% dos rapaces da escola alevín de Balonmán Culleredo

Xogaron polo Canedo: Rubén lamas, Iago Patiño, Jairo Candamio, Xoan Canedo, Hugo bregua, Diego Bermúdez, Mateo basanta, Teo Gómez, Jose Manuel pedreira e Leo Castro.

Polo Opemat xogaron: Jorge Amor, Adrián Aneiros, Diego Rodríguez, Xoan Seoane, Alejandro Soto, Lucas Paz, Iván Gantes, Jacobo García, Hugo Neira e Hugo Bermúdez.

No Femenino: Lucía López, Antía Ferreño, Irene Rodríguez, Nadia Martínez, Alicia Pérez, Claudia Soto, Antía García i Eva Outón.

No Enerxíasolar.com: Hugo Castelo, Yabu Pérez, Joel Centoira, Hugo García, Xoel Mosquera, Alexis Martínez, Hugo Nodar, Mauro Fernández, Antón Rodríguez e Yago Ben.

Colexiado: Jacob Canedo. Moi ben, adaptándose en todo momento a idade dos participantes e favorecendo o xogo. Amosou tarxea amarela a Hugo Bermúdez e a Irene Rodríguez por utilización dos brazos para impedir o avance do rival

Anotador/Cronometrador: Ángel Canedo. Ben, sen intervencións salientables no xogo

Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal de Almeiras sen público nas bancadas por mor das restriccións municipais pola COVID-19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *