Saltar ao contido

Resumo da fin de semana!

Esta primeira xornada daba comezo a un novo ano, tras case 8 meses de inactividade e que volveu a encher de ilusións e sorrisos os diferentes pavillóns de toda Galicia. Máis alá dos resultados, o poder volver a competir no 40x20 era algo co que centos de rapaces e rapazas de toda Galicia levaban meses soñando, soños que por fin puideron materializarse.

Comezaba a competición para a maioría dos nosos equipos de categorías base con partidos de alta intensidade en moitas das categorías e con resultados que amosan o gran traballo que están a facer todos os nosos rapaces e rapazas!

(SM) DISPESAN CAFÉ PONTEDEUME 27–36 BALONMÁN CULLEREDO

PRIMEIRA VICTORIA DO EQUIPO SENIOR

Boa primeira parte do equipo Cullerdense que gracias á boa defensa e portería podían saír rápido ao contraataque  e obter unha diferencia considerable ao chegar ao descanso. Na 2° metade  baixou a intensidade defensiva e o equipo local aproveitouno para acercarse no marcador  e conseguir goles fáciles dende 6 metros. Despois dun tempo morto o equipo volveu a porse intenso en defensa e con 3 boas defensas consigueu distanciarse ata os 9 goles e poder finalizalo partido con tranquilidade.

Destacalo debut dos xuvenís Adrián e Mateo que se suman aos que xa debutaran na 1° xornada: Pablo, Jorge, Óscar e Fran, ao cal lle desexamos unha pronta  recuperación.

Parciales cada 5 minutos: 2-3, 3-5, 4-9, 6-11, 7-14, 9-18, 12-22, 14-24, 18-25, 21-28, 24-30, 27-36.

Arbitros: Pablo Barreiro e Christian García. Partido tranquilo para os colexiados que solventaron sen dificultade o encontro.

(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL 14–20 HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Despois de oito meses sen competición debido á pandemia COVID-19, as nenas do BM.CULLEREDO RAFERGAL volvían ao 40x20 con todas as medidas de prevención e moita ilusión por vivir de novo as gratificantes sensacións que achega o balonmán. A nova estrea non podía ter mellor cartel, xa que as cullerdenses ademais facíano como locais no pavillón de Almeiras e ante un gran conxunto como o Balonmán Xiria.

Xa de inicio, na chegada das nenas de ambos os equipos ao polideportivo, podíase atisbar un claro nerviosismo pola volta á actividade competitiva. Nese sentido e unha vez dentro da pista, as de Carballo asentáronse con maior tranquilidade e as locais sufriron os rigores de tanta tensión, caendo de forma repetitiva en rechamantes erros de pase, moitos deles propiciados pola falta de costume ao xogo con resina. Aínda así e a pesar de que as visitantes se mantiñan por diante a maior parte do tempo, as diferenzas no marcador eran mínimas, rexistrándose ademais varios empates no primeiros trinta minutos. Ao descanso, o BM.CULLEREDO RAFERGAL lamentábase dos erros no pase e os catro penaltis errados, pero aínda así as espadas estaban en todo o alto con ese 9-11 que reflectía o marcador.

Non cambiou en demasía o segundo acto; o Hierros Varela Urbieta xogaba con maior clarividencia e as nenas do BM.Culleredo facíano alternando bos momentos con outros máis irregulares. Uns minutos de gran actuación defensiva propiciaban que as locais apertasen o marcador ata a mínima expresión, pero nos últimos minutos a suma de erros volvería facer acto de presenza e as bergantiñás aproveitaban este feito para romper un partido que ata o momento mantiña unha maior incertidume no marcador.

Con todo, a posta en escea do conxunto do equipo feminino do BM.Culleredo déixanos instantáneas que convidan á positividade: Bos momentos de xogo, accións individuais onde podemos resaltar as boas capacidades individuais das xogadoras e unha destacable actuación na parcela defensiva en varios instantes do encontro. O equipo por tanto, anuncia unha mellora evidente no xogo colectivo segundo vaian pasando as semanas, pero por encima de todo, está a importancia de volver a gozar dun partido de balonmán feminino nopolideportivo de Almeiras con este equipo e estas rapazas.

Balonmán Culleredo Rafergal: 14 (9+5).  Diana (p), Adriana, Lucía Ponte, Adela, Marta, Paula, Lucía Sánchez y las cadetes Carla Bello, Irene, Marina, Carla Estraviz, Carlota y Aitana.

Hierros Varela Urbieta Xiria: 20 (11+9). Elena (p), Lucía, Marta, Valeria, Nina, Natalia, Nerea Pose, Nerea Varela, María Patiño y las cadetes Laura Souto y Duna.

Colexiados: Renzo Díaz Carro e J.Henrique Folgoso. Ben, sen complicacións.

Incidencias: Primeira xornada da categoría xuvenil feminina da tempada 2020/21 celebrado nun pavillón Almeiras sen público por mor do protocolo COVID.

(XM) BM CULLEREDO TÉCNICOS 115 23–26 LABER XIRIA

A mañá do domingo deparou no polideportivo de Almeiras un emocionante encontro en categoría xuvenil masculina. Os actores principais, os mozos do BM.CULLEREDO TÉCNICOS 115 e os do Laber Xiria, completaron un partido de alta intensidade e gran dose de espírito competitivo.

Iniciaron moito mellor o encontro os visitantes, dominando ao rival grazas á súa característica velocidade no xogo e aproveitando os erros dos cullerdenses para definir á contra. Neste contexto, os de Xiria alcanzaban a súa máxima renda no minuto 20 (4-11), pero os locais reaccionarían e cun 3-1 de parcial no últimos dez minutos do primeiro acto, reducirían as diferenzas a cinco goles (7-12).

As tornas cambiarían no segundo tempo e tras cinco minutos disputados, a defensa presionante e profunda por parte dos mozos de Culleredo comezaba a crear dúbidas no ataque bergantiñán e a dar bo resultado. Eran os mellores momentos dos rojillos, que provocando as perdas de balón dos locais, definían á contra para poñerse por diante no minuto 45 (19-18). Os últimos dez minutos de partido disputaríanse nun ambiente cheo de tensión e incertidume, con diferenzas mínimas para un ou outro conxunto. A entrega era encomiable por parte duns e outros e nos instantes finais, cando xa agonizaba o envite, de novo un par de erros dos locais eran aproveitados polos carballeses para poñerse por diante. Non había tempo para moito máis con 23-25 e tan só 15¨por disputar, pero o BM.CULLEREDO TÉCNICOS 115, que xogaba en inferioridade por exclusión de Senen, tentaba reducir a diferenza nunha última acción con seis xogadores de campo e sen porteiro. Un novo erro no pase facilitaría o gol a portería baleira do Laber Xiria cando xa soaba a chicharra e o resultado final de 23-26 nun partido tremendamente competido.

En definitiva, boa reacción competitiva do BM. CULLEREDO TÉCNICOS 115 ante un gran conxunto como o de Carballo e excelente traballo canto á entrega e solidariedade de todo o grupo. Boa liña trazada neste comezo para seguir puíndo a forma na que o equipo quere xogar e os erros sobre os que incidir para mellorar.

BM.Culleredo Técnicos 115. 23 (7+16). Jorge (p), Oscar (p), Brais, Xoel, Martín (4), Pablo (3), Dani Del Río (3), Mateo (3), Manuel, Guillermo Seijo, Nuno (2), Senén (3), Adrián (3), Guillermo Briones, Chao (2), Mateo Kidus.

Laber Xiria: 26 (12+14). Darío (p), Mateo (p), Esteban (1), Mario (4), Pablo (1), Martín (3), Alberto (1), Carlos (3), Miguel, Andrés, Alex (2), Juanma (2), Diego (4), Fernando (2), Julián (3).

Parciais cada 5´: 3-5 / 4-6 / 4-8 / 4-11 / 5-11 / 7-12/ Descanso / 11-17 / 15-18 / 19-18 / 21-20 / 22-23 / 23-26 / Final.

Colexiados: Iván Hernández E Rubén Iglesias. Estiveron ben en liñas xerais.

Incidencias: Encontro da primeira xornada da competición de liga en categoría xuvenil masculina celebrado no polideportivo de Almeiras. O encontro levouse a cabo sen público nas bancadas, debido as medidas adoptadas para minimizar o risco de contaxio por COVID-19.

(IF) BRIGANTIUM 7–36 BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

O equipo feminino do balonmán culleredo volveu ás canchas meses despois e cunha vitoria no derbi local contra o BM Brigantium. Boas sensacións amosadas polas rapazas que estaban ansiosas pola volta á competición. Un partido sen moitos incidentes marcado polo roubo de balón e os contragolpes do noso equipo que apenas atopou oposición defensiva.

(IM) BM CULLEREDO SUTENOR 36–6 BM RIBADOSAR

Primeiro partido dos nosos infantís do Sutenor nesta nova tempada, donde dende o primeiro momento grazas á alta intensidade conseguiron roubar moitos balóns en defensa e podían lograr goles fáciles ó contrataque. Destacala participación de todos os xogadores e a gran aportación individual de cada un deles para facer un traballo grupal excelente.

(IM) METALÚRGICA BB XIRIA 22–30 BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

Desprazábanse a Carballo o grupo infantil do ConstruPereiro para enfrontarse a un dos equipos que se presupón máis fortes e duros do grupo 6. O partido comezaba entre nervios e dudas por voltar tras tanto tempo, pero pronto se poría de cara para os nosos nenos gracias ao bo traballo defensivo que se fixo, o que nos permitía recuperar varios balóns e saír rápidamente ao contraataque. Uns pequenos desaxustes defensivos dos nosos nenos xa nos últimos minutos da primeira parte xunto con un cambio de actitude ofensiva do Xiria, faría que o marcador se axustase, chegando ao descanso soamente 2 goles arriba no marcador.

Xa na segunda parte volveríamos a centrarnos, realizando un gran traballo defensivo que o Xiria soamente conseguía vencer con grandes accións individuais. Ao longo da 2ª parte manteríase o mesmo guión, aumentando os cullerdenses a diferenza de goles a base do éxito defensivo que propiciaba situacións de contraataque en segunda oleada moi boas para os nosos, que a pesares de non estar moi acertados de cara a portería aproveitaron para sentencialo encontro.

(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR 17–38 CLUB BALONMÁN ATLÁNTICO

Os nosos infantís do Remax volvían a competición despois de moito tempo parados, que mellor maneira de retornar ás pistas que xogando un derbi contra o Atlántico? Os nosos rapaces demostraron as ganas que tiñan de competir e loitaron ata o último centímetro de pista. Aínda así, o Atlántico levouse a victoria. Destacar e dar a noraboa aos nosos pola loita competitiva durante os 50 min en cada centímetro de pista.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *