Saltar ao contido

VOLVE O BALONMÁN!

Despois de case oito meses, volve a competición a Almeiras!

Mañá, 7/11/20 vai a ser unha data moi importante, despois de casi 8 meses dende o último partido que se desputou no balonmán base galego, voltamos á competición! 

Malia que é unha mágoa que esta volta teña que ser con moitos cambios, entre eles o estar sen público, sabemos que o importante é que os nosos nenos e nenas volvan a disfrutar de competir no deporte que lles gusta.

No noso clube comezamos esta volta á competición con múltiples encontros dende @s infantís ata @s xuvenís! Encontros moi esperados e dos cales os adestradores nos comentaban un pouco nesta xornada previa:

(SM) DISPESAN CAFÉ PONTEDEUME – BALONMÁN CULLEREDO

O equipo cullerdense visita a pista da S. D. Eumesa en busca de conseguir a 1° victoria de liga. Despois da suspensión do partido da anterior xornada debido ás condicións nas que se encontraba o pavillon rival, o equipo está con moitas ganas de volver á pista para loitar pola victoria.

(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL – HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

(XM) BM CULLEREDO TÉCNICOS 115 – LABER XIRIA

Na categoría xuvenil, as rapazas do BM. Culleredo RAFERGAL e os nenos do BM. Culleredo TÉCNICOS 115, actuarán como locais en Almeiras e ante dous equipos pertencentes ao club Balonmán Xiria. As primeiras xogarán co conxunto feminino Hierros Varela Urbieta Xiria e o segundo diante do Laber Xiria. Trátase de dous equipos con moito potencial e onde as/os locais terán que conseguir a súa mellor versión para competir fronte as rapazas e rapaces de Carballo.

(XM) S. D. EUMESA – BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA

Os nosos xuvenís "Bermúdez Ulloa" enfróntanse este sábado ás 12.15 ao Balonmán Pontedeume no pavillón da Casqueira.

Tras 4 meses de entrenamientos sen competición, por fin o noso segundo equipo de xuvenís pode volver ao 40x20 e volver a coller sensacións, momento moi desexado por todos no cal intentaremos dar o cen por cen e sobre todo desfrutalo.

(CM) S. D. EUME – BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS

Despois de meses de incerteza e non poucos adestramentos, os cadetes do BM. Culleredo, o INDUTEC INGENIEROS, comeza a súa andaina na competición 2020/21 e farao a domicilio visitando o campo da S.D. Eume (Pavillón A Casqueira –Pontedeume, 10:00 h). Os Cullerdenses están moi emocionados por comezar a competición e teñen moitas gañas de facer un bo xogo para iniciar a súa andaina de xeito positivo.

(IF) BRIGANTIUM – BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

Despois dun parón forzoso, as nosas comezan a primeira xornada de liga infantil femenina co derbi comarcal fronte ao BM Brigantium.

O pavillón de Novo Mesoiro acollerá o regreso á competición este domingo.

Desexamos que as xogadoras de ambos equipos, disfruten do partido e do regreso despois de tantos meses sen competición.

(IM) BM CULLEREDO SUTENOR – BM RIBADOSAR

Volve o balonmán infantil a Almeiras  para estos rapaces que teñen unha gran  ilusión por volver a competir despois de tanto tempo sin poder desfrutar ao 100% do noso deporte.

(IM) METALÚRGICA BB XIRIA – BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

Desprazarase a Carballo o Culleredo Construpereiro para retomala competición e comezar desta forma unha tempada que será diferente para todos.

Fronte aos nosos infantís estarán os rapaces do Xiria, clube que sempre consigue formar equipos moi competitivos, prevéndose que sexa polo tanto un encontro igualado no que para levarse os 2 puntos haberá que mostrala nosa mellor versión.

(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR – CLUB BALONMÁN ATLÁNTICO

Os nosos rapaces comenzan a competir despois sin longo tempo .

Que mellor ocasión do reinicio da competición que xogar un derbi contra   o Balonmán Átlantico. A Festa do balonmán Comeza de novo en Culleredo .

#ForzaCulle

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *