Saltar ao contido

Resumo do fin de semana

Fin de semana de alta intensidade para os nosos, no que a nivel competitivo se prevía unha fin de semana con partidos moi desputados.

BENXAMÍN BM5

Xogaban na mañán do sábado os nosos equipos benxamíns en Arteixo. Cada equipo desputaba ata un total de 2 partidos nos que se facía visible o gran progreso dest@s nen@s e o moito que disfrutan xogando a balonmán!


ALEVÍN BM7

Bm Culleredo Remax Riazor 7-9 Club Balonmano Atlántico

Derrota dos nosos nenos nun partido no que os nosos erros defensivos e o acerto do porteiro rival nos impedían acadar un mellor resultado.

Bm Culleredo Canedo 5-11 Bm7 Investo OAR Coruña 1952

Bo partido das nosas nenas, que desputaron cada cuarto ata o final, sen darlle facilidades aos rivais! Seguimos mellorando!

Bm Culleredo Enerxiasolar.com 7-9 Bm Línea 21

Partido complicado para os nosos nenos de 1º ano, no que se mostrou un bo xogo e que nos vale para aprender dos erros cometidos! Toca seguir traballando!

INF. MASC. 2ª DIV.

S. D. Eumesa 12-16 Bm Culleredo Construpereiro

Partido moi completo, nos que a nosa sólida defensa e o impecable xogo colectivo nos daban unha clara victoria!

INF. MASC. D.H.

Bm Culleredo Sutenor 32-23 Narón

Derbi provincial na volta de vacaciòns. Bo partido dos nosos rapaces onde destacou a participación de todolos xogadores, aportando cada un o seu gran de area.

CAD. FEMININO 2ª DIV.

Bm Culleredo 19-22 A. D. Carballal Balonmán

Xogábanse neste partido os primeros postos da clasificación, un bo inicio do conxunto visitante decantaría o partido, a pesar diso, as nosas puxeron contra as cordas a un moi bo rival. Unha vez máis estas nenas non se renden !

CAD. MASC. 2ª DIV.

Carnes do Ribeiro-Ourense Provincia Termal 22-33 Bm Culleredo Serye Ingenieros

Bo partido dos nosos cadetes no que cunha gran defensa e unha actitude de 10, conseguían dominar todas as facetas do xogo dende os inicios do encontro.

CAD. MASC. D.H.

Bm Culleredo Indutec 31-32 Teucro

Partido moi intenso o vivido en Almeiras onde o Teucro sempre por diante e se levou os tres puntos. Unha mágoa xa que os nosos loitaron ata os últimos intres e puideron conseguir algo máis. Destacalo seu espíritu de loita!

XUVENIL D.H.

Técnicos 115 Culleredo 27-27 Teucro

Partido moi igualado o desputado en Almeiras no que puido gañar calquera! O empate ten aínda así un sabor agridulce por non ser capaces de levarnos os dous puntos cado tiñamos balón para gañar.

SENIOR

Pabellón Ourense 23 - 29 Bm Culleredo

Partido no que fomos dominando en todo momento o marcador, solo 10 minutos malos á volta do descanso fixo que o Pabellón nos empatara o partido. O equipo soubo reaccionar e pronto estábamos de novo con ventaxa de 4 goles para poder encarrilala victoria e non sufrir nos minutos finais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *