
Tivo que chegar a segunda fase para que o Fisioterapia Benestar vira o encontro dende outra persepctiva, a derrota. O equipo non estivo correcto nin a nivel ofensivo e sobretodo a nivel defensivo onde o Sedona dende o primeiro momento aproveitou a pasividade defensiva do equipo local para estar todo o encontro por diante. As nosas guerreiras non foron capaces de axustarse a nivel defensivo coas axudas , as distancias e a intensidade, non había profundidade defensiva e iso o equipo visitante o aproiveitaba .
Na fase ofensiva estábase a ser moi irregular tanto n a circulación de balón coma na efectidade de cara a portería . Isto pagábase moi caro e ao descanso o resultado era de :
Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 13- Sedona Coia 15.
A segunda metade tivo a mesma tónica , o equipo non era fiable a nivel defensivo nin con a 5:1 nin coa defenssa 6:0 , pese a momentos onde parecía rexurdir o xen destas rapazas, o desacerto de cara os lanzamentos volvía a lastrar e había que volver a remar para poder seguir loitando o encontro .
Quizáis o enccontro sempre estivo de cara do equipo visitante que foi o que puxo máis intensidade e control de xogo .
Resultado final:Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 21- Sedona Coia 24.
Bm Culleredo Fisioterapia Benestar (13+8): Aldara Piñeiro, Sara Fernández, Antia Ferreño , Lúa Fernández, Adriana Vázquez, Luana Gómez, Paula Peteiro, Rosalia Veiga, Lola Romero, Maria Otero, Claudia Regueiro, Carmela Erias.
Sedona Coia(15+9): Antia Almeida, Aldara Porrua, Antia Gonzalez, Sabela Comis, Dubra Vázquez, Noa Senra, Arancha Hernández, Ines Rodriguez, Sofia Rial.
Parciais cada 5`:2-5/8-7/9-11/12-14/13-15/14-17/14-19/16-20/20-21/20-24/21-24
Árbitros: Uxia y Jorge.
Incidecnias: Xornada 2 da liga xuvenil femenino prata, criteiro olímpico
