Saltar ao contido

Coñecemos Remax Riazor

Hoxe queremos darvos a coñecer, Remax Riazor, un dos patrocinadores do clube, que lle da nome a un dos equipos de categoría alevín do Bm Culleredo. Para que poidades coñecer mellor as labores de Remax Riazor, deixámosvos unha entrevista a unha das persoas que o compoñen, Rubén Allegue, que aproveitou a visita para saudar aos nosos rapaces alevíns.

Pregunta: Boas tardes Rubén.

Resposta: Boas tardes míster.

P: Gustaríanos que nos empezases contando algo de Remax, a que vos dedicades?

R: Pois somos unha inmobiliaria que naceu fai 5 anos, hoxe temos 3 oficinas, dúas en Coruña e unha en Santiago. Somos 30 persoas traballando para dar servizos de alquiler e venta de pisos, locales, garaxes, etc.

P: Crees que existe algunha similitude entre Remax e o balonmán?

R: Si, sobre todo no traballo en equipo, todos somos necesarios para conseguir o fin e o compañeirismo.

P: E ti en concreto, que función tes dentro de ese equipo que é Remax?

R: Digamos que igual que ti, son o entrenador en Remax.

P: Algo que nos gustaría saber é por qué decidíchedes apoiar ao Balonmán Culleredo.

R: Primeiro por un compromiso familiar e tamén porque creo que dende as empresas deberíamos apoiar este tipo de causas, os valores deportivos, as categorías inferiores; e eso no Balonmán Culleredo estase a facer moi ben.

P: En que consideres que podería axudarche a ti o Balonmán Culleredo?

R:  Pois principalmente estame axudando na visibilidade da marca, que é positiva e moi rentable.

P: Cales son os principais obxetivos que persigue Remax?

R: Os mismos que vós no clube, crecer sobre unha base sólida, sempre respetando os valores.

P: Xa entrando en materia deportiva, que esperas do equipo Balonmán Culleredo Remax Riazor?

R: Sobre todo que o pasen ben, que se formen como personas, pero se podemos ganar mellor, ainda que claramente esto último non é o principal.

P: Pois moitas gracias polo teu tempo Rubén, un placer.

R: Igualmente míster, a darlles caña!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *