
O pasado Domingo deprazaronse a Carballo os nosotros xuvenís do “ Galaico Caravaning” para desputar a 5° xornada da liga prata.
Na primeira metade do encontro puidemos ver un partido no que os ataques de ambos equipos impoñíanse con demasiada facilidade as defensas.Os carballeses facendo moito dano no xogo 2x2 co pivote e os culleredenses aproveitando as rápidas transicións e ataques curtos para lograr gol.Chegouse o descanso cun marcador de 19 a 21 favorable os visitantes.
Na 2° metade e a partires do minuto 10 , os xogadores cullerdenses subiron a intensidade defensiva e axustaron nos cambios de oponente co que conseguirían éxito defensivo en moitas ocasións.Os cullerdenses foron pouco a pouco gañando vantaxe no marcador para conseguir a victoria e lograr un final de partido tranquilo para poder acadar 2 valiosos puntos.
Montaxes Carballo Xiria B: 35(19+16).Lucas,Xabier,Nicolás Mejuto,Yago,Andrés, Nicolás Cancela,Xano,Izan,Saul,Álvaro,Pablo e Máximo.
Balonmán Culleredo Galaico Caravaning:42(21+21).Teo,Fabián,Marc,Adrián,Roi,Iago,Jairo,Lucas,Víctor,Félix,Pablo,Mateo,Antón,Álvaro,Anxo.
Colexiados:Nicolás Vázquez e Martina Regueiro.
Incidencias: Encontró correspondiente á 5° xornada da Liga Prata disputado no pavillon Vila de Noia.
