Saltar ao contido

LA SOLIDARIDAD DEFENSIVA DA LA VICTORIA AL BAÍA EDICIÓNS

O Baía Edicións viaxaba ata Porriño para enfrontarse a un dos equipos filiais do equipo Iberdrola. O equipo cullerdense comezaba o encontro plantexando unha defensa 6:0 que estaba a ter éxito no inicio do encontro , onde tan só 6 goles encaixados nos primeiros 20 minutos. As axudas defensivas e a predeposicións a hora de defender estaba moi presente no equipo cullerdense. Os desprazamentos defensivos e as intencións estaban a dar un punto máis que o ataque local que viase superado pola densidade defensiva en zona de balón.

Na fase ofensiva , o equipo estivo moi disciplinado plantexando transformacións de primeira liña ante a defensa 5:1 do equipo local . Isto estaba a dar rédito , e amosábase no marcador xa que reflexaba un 12-6 nos primeiros 20 minutos . Pero nos ultimos 10 restantes encaixarianse os mesmos goles que en vinte minutos , una relaxación que costaba unha reducción da ventaxa no marcador .

Resultado ao descanso … Bm Porriño 12- Bm Culleredo Baía Edicións 16.

Na segunda metade o equipo continuou co ritmo defensivo plantexado na primeira metade , logrando diferencias de ata 7 goles no electrónico . O ataque estaba a ser exitoso e pese a algún fallo de lanzamento as situacións eran claras de gol .

Pero novamente xurdiron as dudas do final da primeira metade e o equipo estaba a encaixar goles que volverian a reducir a distancia no marcador. O último arreón do equipo cullerdense foi crave, na fase ofensiva o xogo colectivo estaba a ser un éxito e o balón circulaba moi rápido e de maneira efectiva , isto prolongaba a ventaxa e daba unha tranquilidade maior para finalizar o encontro .

Bó partido e moi regular do Baía Edicións que quizáis e do que máis peca desa regularidade tanto na fase defensiva coma na ofensiva . As pérdidas de balón reducironse e quizais tamén foi unha das craves do encontro .

Noraboa pola victoria , agora toca xornada de descanso para coller folgos e preparar os seguintes encontros decisivos.

Forza Culle.

Resultado final : Bm Porriño 28- Bm Culleredo Baía Edicións 34.

Bm Porriño: Aitana Fernández, Candela Dominguez, Daniela Rodriguez, Ana Bosque,Daniela Fernández, Emma Porto, Candela Lago, Uxía Martinez, Iria Cuerdo, Xiana Ferreira.

Bm Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Sara Fernández, Leire Barbeito, Carla Corral, Carla Muiño, María Becansa, Antía Ferreño , Carmela, Erias, Paula Peteiro, Lola Romero, Claudia Soto, Rosalía Veiga, Lúa Fernández.

Parciales cada 5`: 1-4/3-8/4-11/6-12/8-13/12-16/14-19/16-21/18-24/21-25/24-28/28-34

Árbitros: Inocencio Pérez y Alhuen Nahuel.

Incidencias: Xornada 7 da liga Prata xuvenil feminina do grupo A, disputada no pavillón municipal de Porriño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *