Saltar ao contido

DERROTA PERO CON MOITA COMPETITIVADE

Novamente o Nosolomadera enfrontábase unha vez máis o Bm Linea 21, en todas as fases da tempada este dous equipos vironse as caras e con resultados moi dispares en moitas ocasións.

Un comezo igualado de encontro onde o Linea 21 foi collendo pequenas ventaxas no marcador . Aínda así viase moita igualdade no terreo de xogo. As defensas quizáis por momento estiveron máis atinadas que o ataque ainda que por fases do encontro esta situación foi o revés.

O Nosolomadera atacaba a defensa 6:0 mediante a velocidade de circulación de balón e isto daballe rédito , O linea 21 con un 1x1 moi forte estaba a crear moitas dudas a defensa cullerdense ainda asi o equipo local estivo moi regular e ben posto na pista deportiva.

Na segunda metade o xogo tivo a mesma tónica da primeira parte , un arreón do Linea 21 puxo o encontro a favor de eles con 3-4 goles por encima pero o Nosolomadera apretou o dentes ata empatar o encontro . O tino acertado do equipo visitante nos últimos minutos foi crave para levarse o encontro.

Bó partido entre estes dous equipos que demostraron o gran nivel de xogo e súa evolución durante todo o ano .

Forza Culle.

Resultado final: Bm Culleredo Nosolomadera 32- Bm Linea 21 33.

Bm Culleredo Nosolomadera (12+20)32: Mateo Basanta, Iago Bolaños, Martin Casal, Antón Rodriguez, Mauro Fernández, Alexis Martinez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Javier Orge, Antón Méndez, Jacobo Soto,Alex Soto, Carlos Negreira.

Bm Linea 21(15+18)33: Darío Gómez, Mateo Curto, Hugo Aneiros, Aitor Vidal, Nuno García, Marko Valcarcel,Xurxo Ferreiro, Jacobo Mariño, Miguel Mariño,Derek Ortiz.

Árbitros:Uxía Mariño y Daniel Arias.

Incidencias: Segunda xornada da copa diputación do grupo norte 1, disputada no pavillón municipal de Tarrío , Culleredo .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *