Saltar ao contido

IMPORTANTE VICTORIA PARA O FISIOTERAPIA BENESTAR ESTA FIN DE SEMANA

Xa se avisaba de que ao tratarse de dous equipos similares a nivel ofensivo, o encontro podía traer sorpresas.

A pesares dun comezo bastante axustado para as cullerdenses, cunha defensa desordenada e un ataque precipitado, a adestradora, decide parar o electrónico a piques de rematar a primeira parte. As xogadoras do Culleredo conseguiron poñerse por enriba do marcador e chegar ó descanso gañando 16-17.

Coa ventaxe dun punto, o equipo visitante entra no campo para disputala segunda parte, coa intención de mellorala defensa e o ataque en todolos aspectos posibles, sempre buscando a diferencia a favor no marcador. Nalgún momento desta parte , as do Fisioterapia Benestar, chegaron a rozar os 5 goles de diferenza por enriba do rival.

Houbo que modificalo modelo de xogo e buscar máis as accións individuais fronte a defensa 5:1 presente durante todo o encontro das Choqueiras.

Falta de fortuna en accións de ataque despois de realizar un bo traballo previo.

A nivel colectivo, as cullerdenses, a circulación do balón viuse obstaculizada en moitas ocasións, polo que a participación e o atrevemento das xogadoras ante a portería tiña que ser máis habitual que noutros encontros.

Na defensa, o Fisioterapia Benestar,terá que buscar máis regularidade, pero aínda así houbo sintonía para frear a unha das protagonistas do xogo local tendo que recurrir a unha mixta.

Rematou o encontro cometendo erros na toma de decisións e as présas no pase, aproveitado polo equipo da casa con contragoles efectivos, que habería que seguir traballando nos entrenamentos unha vez de volta en Culleredo, para reducirlos erros.

O encontro rematou coa tan loitada vitoria do equipo femenino Fisioterapia Benestar 29-30.

CHORRO NAVAL AS CHOQUEIRAS 29 (16+13): Candela López Rubianes, Sira Bouzon Bouzon, Adriana Bouzon Bouzon, Hannah Moreira Bouzon, Dubra Vázquez Rodríguez, Irene Castro Diz, Uxia Alvariño González, Candela Iglesias Pérez, Sira Álvarez Carrasco, Sara Iglesias Rodríguez, Alba Gargamala Vilas

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 30 (17+13): Carla Muiño Cancela, Lucia Inés Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Aldara Piñeiro Calvete, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Antia Ferreño Fernández, Valentina Martínez Fiuza, Carmela Erias Vázquez, Irene Rodríguez Fernández, Nadia Martínez García, Noelia López Andreica, Sara Fraga Fraga, Uxia Otón González

Parciais cada 5 min: 5-3/10-7/13-10/12-15/15-15/16-17 Descanso 18-20/22-24/24-28/27-28/28-29/29-30 Final

Colexiados: Ania Lampon Santos e Anxo Barca Balado. Excluiron dous minutos a Sira Bouzon e Irene Castro polo equipo local, e polo equipo visitante dous minutos tamén a Valentina Martinez e Lúa Fernández

Incidencias: Partido pertencente a 5ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Municipal de Redondela A Marisma, cuns 30 espectadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *