Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX, TRAZA O SEU CAMIÑO CUNHA SEGUNDA VITORIA INCONTESTABLE

O BM.Culleredo Remax Riazor, afrontaba o pasado sábado a segunda xornada da liga Prata, está vez cun encontro a domicilio en Rodeiro. Os cullerdenses, moi superiores ao seu rival, non deron opción a estes e desde o inicio evidenciaron a diferenza de nivel que hai entre un equipo e outro nestes momentos. Con todo, foi un partido que se afrontou de forma seria, no que os xogadores de Culleredo traballaron para continuar asimilando os conceptos TEC-TAC nos que se incide ao longo da semana. A faceta defensiva, que tivo algúns altibaixos, é a fase esencial desde onde o equipo desexa construír a súa regularidade, consistencia e fiabilidade e con 9 goles encaixados en coarenta e cinco minutos (Neste intre ,se conxela o marcador ao alcanzar a diferenza de trinta goles un equipo 9-39), podemos dicir que vai evolucionando de forma positiva. En calquera caso, algúns erros, tanto na basculación como no traballo de disuasión e a posta en escena cunha maior concentración e intensidade, son apartados onde poñer o foco nas próximas xornadas. Ao descanso, o 5-24 que reflectía o electrónico daba boa conta da diferenza entre un e outro conxunto e o partido quedaba resolto, conseguindo dous puntos importantes os de Culleredo ao termo dos sesenta minutos que os elevan ao liderado do grupo B da liga Prata.

BM.Rodeiro Faro: 9. Iván Nieto, Roque González, Javier Cuñarro, Mohammad Amine, Ramón Millán, Pablo Rodríguez, Brahim Iqli, Miguel Lamazares, Daniel Vázquez, Diego González, Juan Pablo Santos.

BM. Remax Riazor: 39. Hugo Díaz (P), Hugo García (P), Jorge Outón, Hugo Rodríguez, Teo López, Xoán Canedo, Fabián Manzo, Xoán Bello, Jaime Serrano, Roi Fdez, Iago Allegue, Diego Piñeiro.

Colexiado: Alfonso Canitrot.

Incidencias: Segundo encontro da categoría cadete masculino na Liga Prata e primeiro para o BM.Culleredo Remax Riazor a domicilio. Partido disputado no pavillón municipal de Rodeiro ante trinta espectadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *