Saltar ao contido

Boas sensacións no primeiro encontro oficial do Cristalería Gestal

Primeiro partido oficial do Bm Culleredo Cristalería Gestal onde se enfrontaba ao Balonmán Xallas Fc, de Santa Comba.

No comezo do partido puidemos observar como as rapazas estaban algo nerviosas, xa que no ataque se perderon unha serie de balóns por malos pases e por superar o ciclo de pasos, balóns que o Xallas tratou de aproveitar e que obrigaba as nosas a pasar a maior parte dos primeiros quince minutos defendendo.

Pouco lles durou esa vantaxe as de Santa Comba, xa que a presión e apoios defensivos das xogadoras do Cristalería Gestal transformaron en gol varias contras e recuperacións, posicionándose no descanso cun parcial de 20-12.

Na segunda parte seguiron presionando e consolidando o traballo defensivo, dificultándolles moito a chegada as rivais a zona da área. Na fase ofensiva conseguiron superar en velocidade e con mellores continuación de balón que na primeira parte, vendo unha evolución ao longo do partido.

Desta forma as rapazas do Cristalería Gestal conseguiron levarse a primeira vitoria nun partido oficial desta temporada. Destacando pola evolución na defensa, na que conseguiron que na segunda parte so lles encaixaran catro goles.

Tras este primeiro contacto no que desfrutaron e xogaron con moitas gañas, a próxima fin de semana tocaralles xogar en Novo Mesoiro como equipo visitante, contra o Bm  Brigantium Nunegal.

Forza Culle!!

RESULTADO FINAL 40-16

BM CULLEREDO SUTENOR: Sara Bello, Inés Argiz, Antía García, Martina Arroyo, Lola Romero, Celia González, Cintia Romero, Uxía Seoane, Aldara Allegue, Elena Aneiros.

BALONMÁN XALLAS FC: Amanda Martínez, Noa Pose, Noelia Amarelle, Sara Pensado, Isabella Sofía Boet, Athenea Mata, Alba Arijon, Dalia Pensado, Paula Lema, Yasmin González, Yanira González.

PARCIALES CADA 5`: 3-3/9-7/13-7/16-11/20-12 // 22-13/27-13/32-13/36-15/40-16.

ÁRBITROS: Iago Allegue

INCIDENCIAS: Primeira xornada da fase previa de pretemporada de Prata, disputada no Pabellón Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *