Saltar ao contido

FITO HISTÓRICO DO BM.CULLEREDO AO CONSEGUIR O ASCENSO A 1.ª NACIONAL

Esta pasada fin de semana, quedará marcado na memoria da familia do BM.Culleredo e representará un antes e un despois na historia do club. O 14/05/23, será a data que se marque en negrita nos libros da entidade como o día no que o equipo senior conseguiu o ascenso a primeira nacional. Foi unha fin de semana cargada de emocións e tensión a partes iguais, con tres xornadas que resultaron ser tres batallas que liquidar, cada unha coas súas complexidades e merecedoras da máxima atención, concentración e intensidade competitiva. Ben é certo que o equipo cullerdense impúxose no primeiro envite con solvencia e autoridade ante un rival, o BM.Villafranca, que ao cabo se tivo que marchar de Tarrío coa marcadora de puntos a cero. Aquel partido tamén tiña a complexidade de xestionar os nervios e a tensión competitiva do primeiro día ante o teu público e afección. O segundo día ante o Base Oviedo ,era case o todo ou nada, especialmente para os asturianos, que xa saíran derrotados na xornada anterior ante os madrileños de Lasalle Maravillas. Foi un partido vibrante, cun alto ritmo de partido onde, os cullerdenses, grazas a estar moi acertados, conseguiron unha renda moi cómoda de oito goles, que ao cabo sería definitiva e crucial para a vitoria. De calquera forma, houbo sobresaltos e momentos críticos, especialmente cando os ovetenses, despois de realizar unha defensa presionante no medio campo ao BM.Culleredo , reducía a diferenza a tan só un gol. A paciencia e a tranquilidade na xestión destes momentos, foron claves para a consecución dunha nova vitoria. Por fin chegábase á última xornada, unha final autentica onde o vencedor conseguiría o premio gordo do ascenso e o vencido, quedaría co amargo sabor da derrota. Fronte a un gran equipo, o BM.Culleredo sacou a súa mellor versión, especialmente a nivel defensivo e nun partido do todo igualado, que non tivera a un conxunto máis de dous goles por diante. O BM.Culleredo conseguíu a maior vantaxe xusto no mellor momento, cando xa se pasaba o tempo dos últimos cinco minutos. Os catro goles de renda e a penas tres minutos para a conclusión, foron máis que suficientes para que o BM.Culleredo lograse o soño dese ascenso a categoría nacional e o estalido de xubilo dunhas bancadas repletas e unha afección que levaría polo aire ao seu equipo ata ese fito histórico. Celebración ao grande ao final do partido con equipo, directiva e afección fundidos nun todo que é a familia do BM.Culleredo.

Ctistian Vigo, Oscar Bello, Jorge López, Miguel Casal, Mario Crecente, Iago Franco, Marco García, Álvaro Fdez, Alberto Catoria, Iago Ferreiro, Marcos Vázquez, Martín Insua, Carlos Costa, Juan Salvador, Dani Salvador, Darío Pérez, Diego Gago, Adrián Díaz, Nuno Loxo y Senén Garea, todos eles merecedores de este éxito sin precedentes e que abre unha nova e ilusionante etapa para o clube BM.Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *