Saltar ao contido

O Nosolomadera vence en Vigo

Victoria dos nosos infantís depois da derrota en Cangas. O equipo do Nosolomadera viaxaba por segunda xornada consecutiva fora da casa, esta vez o encontro xogabase en Vigo contra o Lavadores.

Comezaba o encontro cun ritmo moi superior dos nosos infantís na fase defensiva, que rompía o marcador nos primeiros 6 minutos cun parcial de 1-6 . A defensa 3:3 avanzada propiciaba perdidas de balón do equipo local e rápidos contrataques a prol dos equipo cullerdense.

Na fase ofensiva o equipo conseguia o éxito grazas a un bó ritmo e velocidad de balón. O xogo sen balón e o colectivo daban unha renta ao Nosolomadera tras rematar a primeira metade

8-19 no descanso reflexaba o electrónico.

Na segunda metade o equipo cullerdense saiu concentrado para non perder o ritmo do partido e poder seguir evolucionando no seu modelo de xogo .

Primeiro na fase defensiva o equipo cullerdense do Nosolomadera conseguia recuperar balóns mediante interceptacións o lanzamentos desequilibrados que os porteiros cullerdenses lograban deter. Isto máis a velocidade do contrataque sumaban unha diferencia maior no marcador .

Finalizaba o encontro cun 18-35 que daba a segunda victoria do Nosolomadera nesta liga Ouro.

Bó partido dos nosos infantís que dan folgos para afrontar a próxima semana o encontro contra o Carballal, un equipo que ven de empatar contra o Cangas e promete estar nos postos de arrriba.

Forza Culle.

U.B. LAVADORES VIGO 18-BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 35

U.B.Lavadores (8+10): Xavi Suarez, Diego Rodriguez(6),Hugo Cabido, Tiago Oterino (3), Simón Perez (1), Xian Bouzo (4), Ismael El Amrani (3), Alex Cid, Martin Hermida, Lucas Caride (1).

Bm Culleredo Nosomadera(19+16): Hugo Garcia, Hugo Bregua (3),Hugo Bermudez,Adrián Aneiros(2), Xoán Canedo (8), Ivan Gantes(2), Alexis Martinez(6), Jairo Candamio (8), Diego Rodriguez(1), Xoán Seoane, Teo Gomez(5), Jorge Amor.

Colegiado: Katy Adao, Uxía Garcia.

Incidencias: Xornada 3 da liga de Ouro Infantil Masculina , disputado no Pavillón municipal de Lavadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *