
O BM.Culleredo selou cunha vitoria o encontro que lle enfrontou ao Valinox Novás B o pasado sábado e fíxoo no último encontro da Copa Federación dentro do grupo A. A vitoria servíu para recuperar sensacións, asinando un partido moito máis serio que nas anteriores xornadas e, ao mesmo tempo, para clasificarse cara a Final Four que se celebrará a final de tempada nesta competición que agora quedará aparcada en favor do inicio da liga regular.
Os cullerdenses conseguen deste xeito permanecer invictos e afrontar o inicio de liga a próxima semana, con ilusión e convencemento.
A seriedade e contundencia coa que os locais comezaron o envite, foi sobresainte, obrigando ao técnico do Rosal a solicitar o seu primeiro tempo morto ao primeiro de vez, cando o electrónico reflectía un inquietante 5-1 para os seus intereses. Recomporíanse os xogadores do Novás e, aínda que entrando máis tarde que o seu rival no encontro, apertarían as diferenzas de forma paulatina para irse con vida ao descanso (13-10).
Na continuación e despois da saída de ambos os conxuntos do vestiario, os ataques dominarían sobre as defensas e un parcial de 3-5 nos primeiros cinco minutos, apertaba o marcador á mínima expresión (16-15). A incertidume estaba agora no seu punto máis álxido, especialmente cando os foráneos conseguían establecer as táboas no envite. O BM.Culleredo perdoara numerosas ocasións de lanzamento ante a portería rival e os erros eran aproveitados polos rosaleiros para manter viva a esperanza de voltear o marcador. Este feito non se chegaría a materializar e é que os xogadores de Culleredo reaccionarían con bo ton defensivo e solvencia colectiva para abrir brecha de novo e manexarse nunha distancia cómoda, aínda que non definitiva de tres goles (22-19 e 24-21). Entrábase na recta final do encontro e os locais aumentaban a diferenza, que por momentos parecía que se podería relanzar por encima dos cinco goles, pero a realidade, asentada nos fallos puntuais ante a portería rival, reflectiría o definitivo 27-23 que deixa aos de Culleredo como mellor segundo, empatados a puntos co primeiro clasificado do grupo ,o BM.Chapela.
BM. Culleredo : 27(13+14). Cristian Vigo (P), Oscar Bello (P), Jorge López (P), Alberto Catoira (5), Miguel Casal, Iago Franco (1), Marco García (3), Marcos Vázquez (2), Daniel De Salvador (1), Iago Ferreiro (2), Juanchi (2), Diego Gago (4), Mario Crecente (4), Darío Pérez (3), Adrián Rodríguez.
Valinox Novás B: 23 (10+13). Martín Lomba, Rubén López (3), Roberto Calvo, Pablo Alonso (4), Oscar González (1), Adrián Carrera (2), Jorge González (1), Alejandro López (3), Gabriel Lomba (3), Yasir Martínez (5), Borja Rodríguez, Damián Álvarez (1).
Parciais cada 5´: 3-1 / 6-2 / 8-4 / 9-6 / 10-9 / 13-10 / Descanso / 16-15 / 19-16 / 22-19 / 24-21 / 25-21 / 27-23 / Final.
Colexiado: J.Henrique Folgoso e Renzo Martín.
Incidencias: Terceiro encontro da Copa Federación en categoría senior masculino (Grupo A), disputado nun municipal de Tarrío con boa entrada.
Fotos do encontro:
