Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Generali!

Nova entrega do “Hoxe coñecemos a…” na que vos queremos presentar a un dos nosos novos apoios esta tempada, Generali Seguros!

Generali é unha compañía de seguros, sendo unha das máis importantes no sector asegurador tanto español como internacional, contando con 190 anos de historia.

Actualmente, o equipo de profesionais da oficina de Generali no Burgo conta con 4 persoas:

  • Fran Méndez: xerente e máximo responsable da oficina.
  • Tres profesionais interdisciplinares: encargados das partes administrativa, comercial e de sinistros.

Para poder coñecer un pouco máis Generali Seguros e os seus servizos, puidemos falar con Fran Méndez, xerente da oficina.

¿QUE ME PODE OFRECER GENERALI?

Moi sinxelo, como unha das mellores e máis grandes aseguradoras de Europa, dende Generali poden ofrecerche profesionalidade, adaptabilidade á túa situación dos servizos contratados, un trato cercano e unha ampla carteira de servizos. Dentro desta carteira de servizos poderemos atopar moi boas coberturas para ti en seguros de:

  • Coche ou moto.
  • Fogar.
  • Vida e accidentes.
  • Decesos.
  • Saude.
  • Dental.
  • Aforro e inversión.

Sen dúbida cabe destacar que dentro destos diferentes tipos de seguro, Generali destaca sen dúbida nos seguros de saúde, tan demandados actualmente. Todos sabemos da importancia da nosa saúde e máis incluso nesta época que estamos a vivir, donde somos conscientes das facilidades que un seguro deste tipo nos pode ofrecer. Se tes pensado contratar un seguro de saúde non o dubides, Generali é a túa aseguradora, sendo considerada pola OCU como a mellor compañía de seguros de saúde en España nos últimos 2 anos.

Se eres un autónomo ou unha empresa, contacta con Generali e de seguro que estarás interesado nos seus seguros de responsabilidade civil, negocio, multirriesgos empresariais, saúde e accidentes.

Ademáis destos servizos, dende Generali poden ofertarche asesoramento financieiro, facendo de forma sinxela un estudo e un seguimento do teu caso para que as túas finanzas evolucionen da mellor forma posible.

¿COMO FOI O CAMIÑO DE FRAN MÉNDEZ ATA CHEGAR A XERENTE DA OFICINA DO BURGO?

Nos seus comezos, Fran Méndez non estaba ligado ao mundo dos seguros, se non que viña doutra rama moi diferente, a química.

A pesares disto, na súa xuventude chegoulle a oportunidade de formarse e aprender dentro deste mundo e co paso do tempo convertirse nun auténtico profesional do sector, acumulando xa 28 anos de experiencia.

Tras moitos anos traballando no sector con Generali, a empresa ponse como meta establecer unha oficina en Culleredo, da cal Fran se fai xerente e levan xa 4 anos operando co seu grupo de profesionais.

PUNTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA NUN SEGURO DE COCHE

Na nosa conversa con Fran Méndez, pedímoslle que nos dese un pequeno consello e que nos indicase algúns puntos concretos que sexan importantes e deberíamos revisar á hora de contratar un seguro de coche. Sen dubidar, indicábanos que X puntos moi importantes a ter en conta son:

  • No caso de fillo/a en idade de conducir que sempre figure como segundo conductor.
  • En seguros a todo risco valorar se compensa vendo os anos que ten o vehículo.
  • Capital asegurado polo falecemento do conductor.

¿POR QUE O APOIO AO BALONMÁN CULLEREDO?

Dende esta tempada, Generali decidiuse a apoiar ao Bm Culleredo, sendo un dos novos apoios e unha entidade máis que cree neste proxecto. Dende Generali hai unha idea moi clara, búscase apoiar os auténticos valores do deporte, esos valores puros que se transmiten aos nenos e nenas dende ben pequenos. Por iso dende Generali é moi importante ver que esos valores, esos aprendizaxes se transmiten dende os máis pequenos ata os maoríes, formando un ambiente deportivo saudable e un crecemento persoal positivo.

Generali é unha compañía que cree de verdade no traballo en equipo, no esforzo colectivo e o compromiso; valores que ven presentes dentro do noso deporte e do noso clube. Da mesma forma que apoian ao rugby, sendo patrocinador oficial da Selección Nacional, Generali ten claro que no noso deporte e no noso clube siguen presentes esos valores puros, que son tan importantes para o correcto crecemento persoal de todos nós, sendo Socios de Por Vida.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

Un comentario en “Hoxe coñecemos a… Generali!

Deixa una resposta a Carmen Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *