
Hoxe queremos que coñezades O Garaxe, patrocinador do clube e un apoio máis para poder seguir medrando como familia.
Na nosa entrevista, puidemos falar con Carlos, dono do Garaxe e un vetarano da hostelería, tendo xa 40 anos de experiencia. O Garaxe leva xa aberto 19 anos e poderedes atopalo en Crendes, s/n. 15318. Abegondo (A Coruña).
Para poder pasarnos por alí e disfrutar da variedade que nos ofrecen, poderemos facelo nos seguintes horarios:
- De luns a xoves: 11:00 - 01:00
- De venres a domingo: 11:00 - 01:30
O primeiro que chama a atención é a gran cantidade de espazo que podemos atopar nas súas instalacións, podendo disfrutar de diferentes espazos:
- Terraza dianteira cuberta.
- Zona interior do bar.
- Comedores acristalados.
- Terraza traseira cuberta.
- Xardíns con mesas ao aire libre.
- Parque infantil.
- Campo de fútbol para o uso d@s máis pequen@s.
Hai que ter en conta a gran capacidade da parte traseira, donde as 30 mesas (4-6 personas) que hai entre o xardín e a terraza, son ideais para organizar un evento.

O Garaxe é un local no que poderemos atopar de todo e que pode darnos solucións a moitas das nosas necesidades, ofrecendo diferentes servizos:
- MENÚ DO DÍA + PIZZAS:
Durante a semana non se sirve á carta, pero teremos dúas atractivas opcións como son:
- Ao mediodía: Variado menú do día, no que se inclúen o primeiro plato, o segundo prato, postre ou café, por tan só 11€. Sen dúbida unha boa forma de poder comer comida caseira e de calidade a un bo prezo!
- Á noite (20:30-23:30): Poderemos disfrutar da súa gran variedade de pizzas, con 18 pizzas a elexir. Entre as pizzas que podes elexir, destacan como as máis populares: a clásica, a de pulpo, a de chicharróns e a de frutos do mar.

- FIN DE SEMANA:
Durante o fin de semana (venres - domingo) poderás escoller entre diferentes productos da carta que dispón o Garaxe, ademáis das súas pizzas e todo tipo de carne á parrilla.
Para que a súa clientela sea atendida como debe, durante a fin de semana, no Garaxe contan con 10 persoas traballando sen descanso, dispondo de: 1 pizzeiro, 1 parrilleiro, 3 cociñeir@s e 5 camareir@s.
Dentro das carnes á parrilla poderemos atopar unha gran variedade entre o que podemos destacar:
- Churrasco (porco / tenreira).
- Secreto de porco.
- Chuletas.
- Chuletóns.
- Criollos.
- Chourizos vermellos.
A todo isto hai que sumarlle unha importante novidade, que agora as fins de semana podes encargala túa comida favorita e vir a recollela ao restaurante, para que poidas organizar un evento na túa casa e despreocuparte completamente de cociñar.
- EVENTOS ESPECIAIS:
A maiores dos servizos mencionados anteriormente, no Garaxe poderás organizalos eventos que consideres (cumpreanos, bautizos, comunións, cenas de empresa...), xa que contan con instalacións con amplo aforo e menús especiais para estas ocasións.
Iso si, estos menús son os máis solicitados, pero calquer tipo de cambio ou calquera outro produto que non atopes na carta pode ser solicitado e falado co local para incorporalo ao menú.
Así mismo, para os eventos que queiras organizar, dende O Garaxe están abertos a que a persoa organizadora traia un servizo externo de entretemento ou espectáculo sen problema.
Para finalizar, unha das especialidades da casa son as laconadas, así que xa sabes, non dubides en contactar co restaurante e informarte!


Para máis información contactar co garaxe a través de:
- WEB: https://www.restauranteogaraxe.com/
- TELÉFONO: 981 669 465 - 688 914 432

