
Nova xornada de competición, sendo esta moi especial para o balonmán galego, xa que dan comezo as competicións benxamíns e alevíns que tanto tempo levaban agardando. Nova tempada para @s máis pequen@s do clube e nova oportunidade de volver a sorrir e disfrutar do noso deporte!
(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS BALONMANO PORRIÑO
As nosas infantís enfrontase a un dos rivais máis fortes da categoría, O Porriño.
Pese a ser un dos favoritos, as nosas guerreiras buscarán realizar un gran encontro e poñer en apretos ao Porriño, quen sabe o que pode pasar en Almeiras!
Forza Culle!
(IM) BM CULLEREDO SUTENOR VS OAR CORUÑA 1952
O Bm Culleredo Sutenor recibe na mañán do sábado aos veciños do OAR Coruña, un partido contra un equipo que plantexará unha dura defensa 5:1 ante a cal debemos buscar as nosas opción para chegar ao gol. As previsións son de que manden as defensas no encontro, esperando un marcador curto, no que os erros penalizan máis aínda se cabe. Os nosos rapaces veñen con ganas de volver a levarse 2 puntos, tras a dura derrota sufrida en Lugo.
Esperámosvos a tod@s en Tarrío!
(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS ABEGONDO F40
O REMAX busca a súa primeira victoria na liga de Ouro, nesta ocasión enfrontarase a o Abegondo que no vais deixar fácil derrotalo, xa que les tamén queren esa victoria.
Prométese un partido moi desputado en Almeiras, o espectáculo e a emoción están asegurados!
Forza Culle!
(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS BALONMANO PORRIÑO
A priori enfrontase o Fisioterapia Benestar a un equipo que loitará polo postos de arriba na clasificación, toca xuntarse con toda a forza posible para enfrontarse a un duro rival como é o Porriño.
Almeiras será un fortín para combatir o equipo rival.
Forza Culle!
(CM) BM CULLEREDO CLIMAMOSA VS OAR CIUDAD
Derbi provincial onde O Climanosa enfrontase a un duro OAR, o partido será moi desputado e o Climanosa buscará dar a sorpresa ante o equipo cadete coruñés.
Forza Culle!
(CM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS BM. RODEIRO CORGAL
O conxunto cadete BM. Culleredo Costrupereiro, buscará o próximo sábado a que sería a segunda vitoria consecutiva neste inicio de competición da liga Ouro. O encontro que lles enfrontará ao BM.Rodeiro Corgal, disputarase no municipal de Tarrío as 13:00h e será un encontró complicado ante un gran rival. A retagarda dos de Culleredo deberá de funcionar moito mellor que nas duas xornadas anteriores para poder sacar os dous puntos en xogo.
(XF) SD TEUCRO VS BM CULLEREDO RAFERGAL
Despois do parón da pasada fin de semana por mor das convocatorias da selección galega, toca retomar de novo o camiño da competición.
O equipo de Rafergal está preparado para enfrontarse ao Teucro e con ansia dunha victoria.
Domingo ás 12:00 en terras pontevedresas veranse as caras estes dous equipos.
(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS BM AROUSA
Este domingo ás 12:00 no Pavillón Municipal de Tarrío, os nosos xuvenís de prata tentarán lograla victoria logo de 3 xornadas consecutivas sen coñecela. Coa necesidade de conseguir mellores sensacións no 40x20, este grupo encara esta xornada con ganas, moito traballo e intensidade.
Imos rapaces!
Forza culle!
(XM) CLUB CISNE BM.COLEGIO LOS SAUCES VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES
O BM. Culleredo Despreocúpate.és, afronta este sábado un dos partidos máis complicados nesta liga Ouro. O seu desprazamento a Pontevedra, será para poñerse diante do BM.Cisne, un dos conxuntos chamados a loitar polo campeonato galego da categoría e que conta nas súas filas con fichaxes de xogadores de relumbrón, algúns deles, seleccionados dentro do combinado nacional xuvenil. Con todo iso, os de Culleredo tentarán trazar un plan de partido onde lles poidan poner as cousas complicadas aos locáis e competir ante eles de xeito digno e coa intención de sacar algo positivo. O partido dará comenzó as 12:00h no Multiusos da cidade do Lerez.
(SM) CBM. PANADERÍA DE COVAS VIVEIRO VS BM.CULLEREDO
Este próximo Sábado as 18:00h, o BM.Culleredo desprázase a Viveiro para enfrontarse ao conxunto local no que será a quinta xornada da liga de 1ª autonómica. Os cullerdenses viaxan co obxectivo de conseguir os dous puntos en xogo e polo tanto continuar invictos e liderando a táboa clasificatoria. A defensa será clave unha vez máis, así como reducir as perdas de balón e os erros non forzados para mellorar as prestacións cada semana. O partido ante un dos conxuntos que todavía non foi quen de puntuar, debe de afrontarse con seriedade, humildade e respeto, para, de esta forma, evitar posibles sorpresas cara ao marcador final. O encontró terá lugar no municipal de Viveiro.
