Saltar ao contido

O Bm Culleredo Sutenor 6º de España!

Tralo éxito do sector celebrado en Culleredo a principios de Xuño, os nosos rapaces infantís do Bm Culleredo Sutenor metíanse entre os 8 mellores equipos de España. Co dereito a participar na fase final do Campionato de España ganado nese sector, soamente tocaba saber dónde se desputaría e rápidamente se decidiu que se faría en Cataluña.

Primeira gran viaxe desta xeración que nunca se desprazou a xogar máis aló de Galicia e tocaba viaxar nin máis nin menos que para desputar unha fase final dun Campionato de España. Con felicidade e nervios a partes casi iguais, o martes 22 de Xuño salían os nosos rapaces dende diante do Concello en dirección a La Roca del Vallés, donde competirían como mínimo durante 3 días. A viaxe (de algo máis de 12 horas) facíase longa e á chegada todos estábamos moi cansos, pero tocaba dormir e espertar ao día seguinte coas pilas cargadas e a ilusión de poder desputalo noso primeiro partido.

No noso primeiro encontro teríamos como rival ao Avannubo Bm La Roca, un dos clubes organizadores. Na primeira metade os nervios pasaban factura, xogando con dúbidas e sen amosar esa soltura e esa claridade que si levaban facendo toda a tempada. Pouco a pouco atopábamos o camiño ao gol en ataque pero costábanos moito defendernos dos envites rivais, chegando ao descanso perdendo 17-16. Na segunda metade a intensidade sería outra, cos nervios xa fora e as ideas claras, faríamos 25 min espectaculares, amosando un enorme nivel defensivo, sendo un auténtico muro aínda en todo o tempo que estivemos con un xogador menos en pista. Ao final dóuselle de forma clara a volta ao encontro e cerrámolo con un 29-33.

O segundo encontro era o que nos enfrontaba ao Cajasur de Córdoba, un equipo moi superior físicamente ao noso. Aguantaríamos os 10 primeiros minutos con un nivel moi bo tanto en ataque como en defensa, pero a partires do minuto 10 o Cajasur comezaba a amosarse superior. A súa superioridade física que tantos problemas nos causaba á hora de intentar defender, xunto coa súa mellora defensiva e a aparición do seu porteiro que comezou a parar todos os nosos intentos de marcar; faríanse moito para os nosos rapaces que chegaban ao descanso con un 18-12. No descanso conseguiamos axustar o noso ataque, solventando parte dos problemas que tivemos na primeira metade e o partido mantíñase moi igualado, sen embargo a superioridade física tan apabullante dos rivais e o cansancio dos nosos facía mella e a pesares do titánico esforzo dos nosos nenos, perderíamos 35-27.

Terceiro día de competición e as pernas xa comezaban a pesar, os nosos tiñan que gañar ao CB Maristas Algemesí para poder ter posibilidades de avanzar á loita polas medallas. O encontro prevíase moi complicado, vendo os días anteriores o nivel deste gran grupo (véxase que viña de eliminar no sector ao Barcelona), pero confiábamos en poder competilo partido e disfrutar do que podía selo noso derradeiro partido deste sector. De principio a fin do encontro veuse a un Maristas Algemesí superior, ao que sí se lle plantou cara, pero que acabou por impoñer a súa calidade. Hai que destacar que os nosos rapaces non se rendiron nunca, facendo un dos mellores partidos da tempada no aspecto defensivo, conseguindo numerosos roubos de balón e forzando errores do rival. Sen dúbida algunha, máis alá do resultado (derrota 22-30) foi ver aos nosos rapaces xogando con un sorriso na cara e disfrutando deste gran premio que conseguiron tras unha tempada incrible.

Desta forma finalizaba a nosa tempada de forma oficial, pero aproveitaríamos o sábado para disfrutar do verán e das vacacións que comezaban para este traballador grupo de rapaces indo á praia. Desta saída á praia hai algo que exemplifica perfectamente o amor destes rapaces polo balonmán, máis alá de interesarse pola praia, de camiño a ela soamente preguntaban se habería porterías para poder seguir xogando ao balonmán! Un grupo de rapaces exemplar, rapaces namorados do balonmán.

Esperamos que dende as vosas casas puidésedes disfrutar aínda que soamente fose unha pequena parte do moito que este grupo si disfrutou desta gran experiencia. Seguimos traballando, aprendendo e crecendo!

#ForzaCulle

Para o recordo queremos deixarvos por aquí uns albums de fotos deste Campionato de España:

https://photos.app.goo.gl/foUiq8JVtDMUCF5H8

https://photos.app.goo.gl/EcohuGyNSw6JHZUq9

https://photos.google.com/share/AF1QipPa5fq6nv4GzPU8XRM-0NNo8Fxy4CEKeGEDjkPg1cqmRoJleGsD4WZDlXSIRc1aQA?obfsgid=112618707766184941872&email=mbarbeiravilar@gmail.com&pli=1&key=eFBxWHdkNElJSVpJbU1PZUpUVVNqay1UMGhjd3pB

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *