Saltar ao contido

O RAFERGAL VOLVE A SENDA DA VICTORIA.

O Rafergal Culleredo visitaba o último clasificado do grupo o Balonmán Chapela.

Un partido onde os primeiros 5 minutos houbo unha igualdade que co paso do tempo desaparecería grazas o nivel defensivo do equipo Cullerdense.

Unha vez collido o ritmo do partido sobre todo na fase defensiva , o culle abriría unha brecha no marcador onde o Chapela fariaselle moi difícil acadar o gol. Isto máis os contrataques ou transicións rápidas farian que o partido se rompese no marcador a favor do Rafergal.

Na segunda metade  o culle non baixou o ritmo competitivo e os ataques do Chapela farianse moi largos e a súa vez ineficaces. O culle na fase ofensiva non tiña problemas ainda asi por momentos se atascaba  por no circular o balón con velocidade, iso si , cando isto ocurría , o balón remataba na rede contraria moi claramente.

Noraboa o Rafergal que non quere descolgarse dos primeiros postos e que si quere competir cos equipos mellor clasificados.

Forza Culle.

BM Culleredo: (15+13): Diana Dozo, Carla Bello, Marina Rodriguez,Aitana Tasende(2),Adriana Antonio(2)Anheliz Amarys (6),Lucía Ponte,Paula Valderabano (4),Candela Puga(5),Cara Estraviz, Adela Areoso(2),Lucía Sanchez(3),Carlota Rodriguez(2),Marta Valderabano(2)

BM Chapela :(7+3): Lucia Cusi(1),Sara Cavaleiro(7),Ainhoa Gonzalez,Carmen Castro(1),Ainara Gabián, María Silva,María Sío, Aroa Figueira,Carla Crespo(1)

Parcial cada 5 minutos:2-4/3-6/6-7/6-11/6-13/7-15/9-16/9-18/9-20/9-24/10-26/10-28.

Arbitros:. Victor Rivera y Alfredo Balado

Incidencias: 6ª xornada da liga prata  , disputado no Pabellón Municipal d Manuel Gonzálz Soto, con limitación de entrada para o público , polas restricciones do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *