Nesta tarde de domingo estaban convocados para
entrenar, xa por 3ª vez, cinco dos nosos rapaces nesta fase de preselección da
selección galega para o Campeonato de España de Seleccións Autonómicas (CESA)
2020, que se celebrará en Cantabria. Os nosos xogadores convocados son:
Categoría infantil: Marcos Regueiro e Samuel Seijas
Categoría cadete: Jorge López, Mateo Díaz e Nuno Loxo
Un gran logro para estos rapaces o ter chegado ata aquí, sendo froito do gran traballo que todos eles realizan cada día nos adestramentos. Agora tócalles seguir traballando e esperar que poidan continuar con este soño e participar no CESA 2020.
É o día 25 o día internacional contra a violencia de xénero e, ainda que no clube Balonmán Culleredo traballamos tódolos días do ano en contra de calqueira tipo de violencia, en especial as sexistas, sumámonos ao manifesto "ennegrocontraasviolencias" ( https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl/adhesion). VOS TAMÉN PODEDES SUMARVOS.
O noso traballo diario cumpre para nos perfectamente o lema deste significativo día neste ano 2019 -“ A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo: cambiémolo educando en igualdade”.
Por todo isto, durante todo o ano o noso logotipo tínguese de negro,tentando acadar deste xeito un alto impacto en tódolos nosos socios e afeccionados. Ademáis, tódolos anos celebramos o 17 de Maio o noso torneo exclusivamente femenino, tratando de reforzar a participación femenina no clube (xa de por sí numerosa).
Non debemos esquecer neste día que 1027 Mulleres foron asasinadas ate o día de hoxe dende o ano 2003 (ano no que comezan a recollerse estadísticamente estes dados), 51 no propio 2019, sendo conscientes que a millor loita contra esta lacra e a EDUCACIÓN, na cal tomamos parte activamente en tódolos nosos eidos.
Nesta fin de semana os equipos do clube Balonmán Culleredo xogaran de negro, coma pequena homenaxe en lembranza de tódalas víctimas da violencia de xénero.
Aínda non sabes cando xogan os teus equipos? Pois aquí che deixamos os horarios para que non te perdas ningún dos moitos encontros desta fin de semana, pásate por Almeiras ou por Tarrío a animar aos teus equipos! #ForzaCulle
Partido entre os nosos rapaces de 2º ano e as nosas rapazas, no cal se respiraba un ambiente de competitividade sana e se apreciaba o froito do esforzo que todos estos nenos e nenas están a facer a diario.
INF. FEMININO 2ª DIV.
Seis do Nadal Coia 14 - BM Culleredo Clínica Benestar 9
Partido marcado polas baixas, no cal a boa defensa os poucos lanzamentos á porteria contraria marcaban a tónica do partido
Partido que se prevía moi complicado, no cal non estivemos ao nivel necesario, ante un rival que estivo moi acertado en todos os aspectos do xogo.
INF. MASC. D.H.
Bm
Rodeiro 22 - Bm Culleredo Sutenor 23
Salida moi complicada dos nosos, que solventarían gracias ao gran traballo defensivo durante os 50 min do partido e asegurando os 2 puntos ao parar o noso porteiro un penalti co partido xa finalizado que podería supoñelo empate.
CAD. FEMININO 2ª DIV.
Seis
do Nadal Coia 8 - Bm Culleredo Rafergal 35
Partido sen complicacions dominando o marcador dende o principio fronte a un rival con pouca oposicion. Traballo de xogadas e accions individuais para futuros partidos.
CAD. MASC. 2ª DIV.
Abegondo
Casa Torreiro 33 - Bm Culleredo Serye Ingenieros 31
Primeira derrota dos nosos cadetes de 2º división nesta tempada. Foi un partido moi competido, donde nos lastraron os fallos defensivos.
CAD. MASC. D.H.
Bm
Tui 33 - Bm Culleredo Indutec 30
Encontro moi igualado, donde o Culle foi ganando durante 3/4 do encontró, pero no foi capaz de rematalo, o Tui loitou todo o encontro para levarse a victoria .
XUVENIL MASCULINO D.H.
Atlético
Novas 25 - Bm Culleredo Técnicos
115 25
Gran partido dos nosos xuvenís que a pesar das baixas soubo sobrepoñerse á situación, sobre todo cando ao descanso nos atopábamos 5 goles por debaixo. Tras unha segunda parte excelente, conseguimos un empate que sabe a pouco por non ter conseguido o gol que nos dese a ansiada victoria no último ataque do encontro.
SENIOR
Grupo
Dila Campus Ourense C.B. 20 - Balonmán Culleredo 23
Desprazamento complicado o que afrontaba o equipo senior, no cal conseguíamos manter unha boa defensa, vendo pola contra como os nosos lanzamentos claros eran detidos polo porteiro rival. A falta de 15 minutos e perdendo de 3 goles, o equipo continuou loitando para conseguir darlle a volta ao marcador, sobre todo gracias ao bo facer da nosa defensa e a nosa portería.
Hoxe queremos darvos a coñecer, Remax Riazor, un dos patrocinadores do clube, que lle da nome a un dos equipos de categoría alevín do Bm Culleredo. Para que poidades coñecer mellor as labores de Remax Riazor, deixámosvos unha entrevista a unha das persoas que o compoñen, Rubén Allegue, que aproveitou a visita para saudar aos nosos rapaces alevíns.
Pregunta:
Boas tardes Rubén.
Resposta:
Boas tardes míster.
P: Gustaríanos que nos
empezases contando algo de Remax, a que vos dedicades?
R: Pois somos unha
inmobiliaria que naceu fai 5 anos, hoxe temos 3 oficinas, dúas en Coruña e unha
en Santiago. Somos 30 persoas traballando para dar servizos de alquiler e venta
de pisos, locales, garaxes, etc.
P: Crees que existe algunha
similitude entre Remax e o balonmán?
R: Si, sobre todo no
traballo en equipo, todos somos necesarios para conseguir o fin e o
compañeirismo.
P: E ti en concreto, que
función tes dentro de ese equipo que é Remax?
R: Digamos que igual que
ti, son o entrenador en Remax.
P: Algo que nos gustaría
saber é por qué decidíchedes apoiar ao Balonmán Culleredo.
R: Primeiro por un
compromiso familiar e tamén porque creo que dende as empresas deberíamos apoiar
este tipo de causas, os valores deportivos, as categorías inferiores; e eso no
Balonmán Culleredo estase a facer moi ben.
P: En que consideres que
podería axudarche a ti o Balonmán Culleredo?
R: Pois principalmente estame axudando na
visibilidade da marca, que é positiva e moi rentable.
P: Cales son os principais obxetivos
que persigue Remax?
R: Os mismos que vós no
clube, crecer sobre unha base sólida, sempre respetando os valores.
P: Xa entrando en materia
deportiva, que esperas do equipo Balonmán Culleredo Remax Riazor?
R: Sobre todo que o pasen
ben, que se formen como personas, pero se podemos ganar mellor, ainda que
claramente esto último non é o principal.
P: Pois moitas gracias polo
teu tempo Rubén, un placer.
Nesta fin de semana do 9-10 de novembro disputaránse en CULLEREDO un total de 21 partidos de Balonmán. Tódolos equipos do clube xogan na casa, dende biberons con 4 anos no seu debut coma o equipo sénior masculino, líder invicto da 1° división autonómica.
Non tes desculpa para non ver Balonman nestes días, en Tarrio ou en Almeiras.