Esta semana fixemos unha pequena visita ao patrocinador que lle da nome ao noso equipo cadete masculino de división de honra, INDUCTEC, unha enxeñería industrial que se dedica á realización de proxectos industriais aplicando as máis modernas solucións tecnolóxicas. A continuación deixámosvos algo máis de información xunto coa súa páxina web e contacto, para quen queira saber máis! 🤓🏭💻
O vindeiro Sábado 21 de decembro celebraremos no pavillón municipal de Tarrío o noso xa tradicional Torneo Solidario de Nadal REMAX RIAZOR, no que rapac@s dende os 4 ate os 14 anos disfrutarán dunha xornada festiva practicando o deporte que máis lles gusta.
Comezará a mañá cos partidos oficiais de liga BM5 benxamín e alevín, ademais de os amigables biberón e prebenxamín no que rapaces que comezaron nesta tempada no clube demostrarán o ben que o fan.
Xa ao mediodía teremos partidos da liga alevín BM7 mais unha sorpresa de xuntanza para a categoría infantil.
Contra as 17:00h realizarase a FOTO OFICIAL da tempada 2019-2020, a que están convocados os 260 xogadores, adestradores e delegados do clube, coma antesala do partido ligueiro senior masculino de primeira división autonómica.
Como remate da xornada disputarase o Torneo Interparroquial no que os xogadores veteráns lembrarán vellos tempos.
Agardamos encher de novo o pavillón máis grande do Concello coma fixemos na final da liga 2018-2019, ao que acudiron máis de 700 afeccionados.
Pedimos a tódolos asistentes que se acheguen a Tarrío portando productos de hixiene ou alimentos non perecedeiros que serán distribuídos por Cáritas na bisbarra.
#ForzaCulle
O pasado martes 10 de Decembro o clube Balonman Culleredo foi elexido xunto ao clube Náutico Ría de O Burgo e ao Centro Social de Castro-Laxe para representar as asociacions Cullerdenses no Consello Sectorial de Política Social, Xuventude, Deporte, Cultura e Desenvolvemento Local.
Nesta lexislatura son dous os Consellos Sectoriais de participación cidadá que decidirán en qué se invirte parte do presuposto municipal. Na reunión para formar o Consello Sectorial que concerne ao clube, no cal podían participar ate 70 asociacions do Concello de Culleredo, votouse que as tres asociacions mencionadas foran a que representasen a todas elas no Consello de participación cidadá, formado ademais por outros tres representantes do outro Consello Sectorial (Facenda, Educación, Medio Rural, Obras e Seguridade Cidadá), dous representantes de asociaciones veciñais do Concello e mais un membro de cada un dos partidos politicos do goberno local.
É unha moi boa nova que pon de manifesto o peso social do clube entre a cidadanía Cullerdense que confía a súa representación no mesmo. De seguro que entre todos poderemos participar dos presupostos do Concello dun xeito máis activo. Queremos ademais de agradecer o apoio recibido tender a man a tódalas asociacions e clubes deportivos de Culleredo para que nos transmitan as súas inquedanzas para poder refrendalas en dito Consello Sectorial. Un saudo, Clube Deportivo Balonmán Culleredo
Hoxe queremos darvos a coñecer a clínica dental Seoane y Freire. Como de costume deixámosvos unha pequena entrevista, realizada á Dra. Isabel Seoane Lombardía e á Dra. Vanesa M. Freire Freire, para que poidades coñecer un pouco máis a súa labor:
a) Cantos anos leva en funcionamento a clínica?
Abrimos esta consulta fai 1 ano, pero a maior parte do equipo levaba xa 15 anos traballando nunha consulta en Vilaboa, que cerrou as súas portas a finales do 2017.
b) Que vos levou a montar este negocio?
Queríamos continuar coidando da saúde buco-dental de todos aqueles amigos e pacientes que confiaron en nós durante todos esos anos, así como de todos aqueles pacientes que queiran visitarnos por primeira vez.
c) De que estades áais orgullosas?
Do noso valor como equipo, que conta con profesionales formados en todas as áreas odontolóxicas. Das nosas instalacións, pensadas para que o paciente se sinta cómodo na súa visita ao dentista. De ser un espazo cardioprotexido e de contar coas tecnoloxías máis punteiras dentro do campo da odontoloxía.
d) En que se pode asemellar unha clínica dental a un clube de balonmán?
Valoramos moito o traballo en equipo e é unha das nosas claves para conseguir o éxito profesional e o mellor trato para os nosos pacientes.
e) Por que decidíchedes axudar ao Balonmán Culleredo?
Sentímonos comprometidas co desarrollo do deporte local. Á nosa consulta acoden moitos nenos e gustaríanos fomentalo deporte como parte fundamental duns hábitos de vida saudables.
f) Que é o que máis vos gusta do voso traballo?
A gratificación que nos aporta a satisfacción dun paciente tras un tratamento ben feito.
Para máis información, non deixedes de visitala súa páxina de Facebook.
O vindeiro SÁBADO 21 DE DECEMBRO, teremos o noso Torneo Solidario REMAX RIAZOR de Nadal. Entre as 10:00 e as 17:00 xogaremos as categorías biberón, prebenxamín, benxamín e alevín; e ás 17:00h faremos a foto oficial desta tempada, antes do partido de liga senior. Como cada ano, no torneo recolleremos alimentos non perecediros e productos de hixiene que serán entregados a Cáritas para a súa distribución na contorna. Colabora connosco neste importante evento! #ForzaCulle
Hoxe queremos darvos a coñecer o Centro de Fisioterapia Benestar,
para eso deixámosvos aquí unha pequena entrevista realizada ás súas compoñentes,
unhas grandes profesionales.
a) ¿Cal é a historia da empresa?
A nosa empresa nace en
febrero de 2015, despois de comenzar a nosa andadura profesional alá polo 2007;
e de paralelamente estudiar e especializarnos, decidimos emprender, para poder realizar
o noso traballo da maneira que máis nos gusta, dedicando tempo ao paciente e
personalizando os tratamentos.
b) ¿Que é o que máis vos gusta do teu traballo?
O trato cercano cos
pacientes e poder coñecer de primeira man as súas lesións e a súa evolución.
c) ¿De que estades máis orgullosas?
De formar un equipo de
mulleres, polo momento, e de ternos lanzado á piscina nun momento no que a
crise económica non animaba a facelo.
d) ¿Que semellanzas ten o voso traballo co balonmán?
Aínda que non somos deportistas, o noso traballo tamén
é físico, por eso valoramos o coidado do corpo como calquera persona que se
dedica ao deporte; e pola nosa profesión e a cercanía coas diferentes
disciplinas fai que admiremos o gran esforzo dos deportistas, moitas veces á
marxe da súa vida profesional.
e) ¿Por que escollíchedes o Balonmán Culleredo?
Por ser referencia do deporte neste concello, polo seu
traballo e a constante evolución, crecendo en tantas categorías, de tantas
idades diferentes, tanto masculinas como femininas.
f) ¿Que valores vos transmite o deporte?
Disciplina, esforzo e ilusión por alcanzar novas metas
e obxetivos.
g) ¿Que valores ten a vosa empresa?
Realizar cada día o noso traballo o mellor posible, seguir aprendendo e mellorando e divulgar a importancia da fisioterapia na recuperación dunha gran cantidade de doenzas. Para máis información podedes entrar na súa páxina de Facebook que deixamos nesta mesma publicación ou á súa páxina web: https://www.centrodefisioterapiabenestar.com/
Fin
de semana intenso e con resultados moi variados para os nosos diferentes
equipos.
BIBERÓNS
E PREBENXAMÍNS
Xogaban
os máis pequenos partidos amistosos contra o Abegondo, nos que poideron disfrutar
do gran ambiente deportivo do balonmán.
BENXAMÍN
BM5
Xogaban
na mañán do sábado os nosos equipos benxamíns en Tarrío. Xornada na que xogaban
partidos moi igualados, tendo que dalo máximo en cada un dos partidos, dando un
pasiño máis no seu aprendizaxe deportivo.
ALEVÍN
BM5
Bm
Culleredo Cristalería Gestal 8-8 Lucus Parrillada Abel
Partido
complicadísimo, no que sacamos un resultado moi positivo.
Bm
Culleredo Café Caprice 8-8 S.D. Eumesa
Foi
un partido repleto de despistes defensivos pola nosa parte, que permitía aos
eumeses igualarnos e disputar cada cuarto.
ALEVÍN
BM7
Bm
Culleredo Remax Riazor 12-4 Bm Xallas FC
Victoria
para os nosos rapaces de segundo ano, que siguen mellorando.
Bm
Culleredo Canedo 4-12 Abegondo Todo Deporte
Partido
de menos a máis das nosas nenas, que pouco a pouco van avanzando e sendo máis
competitivas cada fin de semana.
INF.
FEMININO 2ª DIV.
Bm
Culleredo Fisioterapia Benestar 15-29 BM Cangas B
Partido
de continuos desatinos tanto en ataque coma defensa. Toca entrenar a tope para
correxir os erros desta finde
Hoxe coñeceremos Baía Edicións, editorial fundada na Coruña, que
traballa con varias liñas editoriais e que apoia ao Balonmán Culleredo. Para
coñecelos un pouco máis, hoxe respóndenos a unhas preguntiñas unha das súas
integrantes: Belén López Vázquez.
a) ¿Cal é a historia da empresa?
Baía Edicións fundouse en 1990 pola necesidade dun
grupo de profesoras e profesores de dispoñer de recursos en galego e referidos
a Galicia, que nese momento case non había, e tamén polo interese en contar
cousas moi importates que temos pero das que ninguén falaba no momento, pois
todo se collía de fóra.
Eu persoalmente empecei a traballar na empresa por ese mesmo interese.
b) ¿Que é o que máis che gusta do teu
traballo?
O que máis me gusta do meu traballo é a oportunidade de coñecer persoas que
saben moito e máis da nosa terra, dos costumes, da natureza, a economía e
que cren na importancia da educación, aman a súa profesión, aman a lectura e a
cultura en xeral.
De todo o que fago o que máis me emociona é cando algún lector ou lectora
me fai saber como se sorprendeu ao descubrir algo nun libro noso,
como se divertiu lendo este conto ou o que se emocionou cunha novela e lle fixo
pensar; tamén cando unha profesora ou profesor me di que esoutro libro lle
axudou moito a dar unha clase, outra que fixo un menú delicioso cunha receta
dun libro noso.. pero, sen dubida, o mellor momento como editora foi recibir
unha carta dun neno que se notaba estaba aprendendo a escribir, no que se
dirixía á protagonista duns contos nosos e a invitaba a comer á súa casa cando
pasase por cerca dela … iso é crear ilusión e realmente emocionoume.
c) ¿De que estás máis orgullosa?
Non sei se lle podo chamar orgullo ao que sinto co meu traballo, pero si
ilusión por facer algo que considero necesario e que ademais me gusta. Como
exemplo de algo que si me fixo sentir orgullosa e que valía a pena o esforzo e
algunhas penurias que pasamos, foi a carta que mencionei antes recibida dunha
lectora que estaba empezando. Tamén cando encontro persoas que me contan
que se aficcionaron ao sendeirismo e á observación de aves polas
nosas “Guías da natureza”, pequenas cousas que para nós son moi
importantes.
d) ¿Que semellanzas ten o teu traballo co balonmán
e por que escolliches o Balonmán Culleredo?
O balonmán é unha editorial como Baía, creo que se parecen na finalidade
lúdico educativa, na proximidade a nenas e nenos, na ilusión por compartir
experiencias e motivacións e o fomento do traballo solidario e en igualdade,
especialmente de xénero.
Moitas gracias pola túa atención e desexámosvos o mellor para a editorial
nos vindeiros anos!
Deixámosvos a continuación dúas das súas promocións de Nadal para aqueles lectores que esteades interesados! Botádelle unha ollada!
Xornada
de minibalonmán en Abegondo para os nosos equipos benxamíns, que xogaban un
total de 6 partidos, no que se percibía a mellora no xogo sin balón que
estiveron a traballar ao longo da semana.
Partido perfecto dos nosos rapaces de 1º ano que se impoñían a un bo Xiria.
Bm
Cullerdo Enerxíasolar 4-12 Cp Lucense
Partido
moi duro para os nosos, que a pesar do seu gran traballo defensivo, se vían
superados pola diferenza de tamaño; sumándolle a esto a dificultade de tentar
superala defensa cerrada dos lucenses.
INF.
FEMININO 2ª DIV.
BM
Culleredo Clinica Benestar 20-5 CP Lucense
Vitoria
cómoda e con vantaxe dende os primeiros minutos. Un pasiño máis para seguir
traballando con ilusión.
Bo
partido dos nosos que acadaron unha cómoda victoria gracias ás boas
combinacións ofensivas e á sólida defensa 6:0.
CAD.
MASC. D.H.
Bm
Culleredo Indutec 25-25 BM Porriño
Partido
de tolos, donde o Porriño malgastaba unha ventaxa de 8 goles, conseguido os
nosos igualalo partido co seu gran espíritu de loita.
XUVENIL
D.H.
Técnicos
115 Culleredo 29-22 Seis do Nadal
Cómoda
victoria dos nosos xuvenís, que a pesar de non mostrar o seu máximo nivel,
sendo aínda así moi efectivos en ataque e conseguindo rentas que nos facían
rematalo partido con unha maior tranquilidade.
SENIOR
Seis do Nadal 29-32 Bm Culleredo
Desprazamento moi complicado ao que acudíamos con moitas baixas. A pesar de todo, o gran esforzo defensivo realizado permitíanos volver para a casa con 2 puntiños máis. Na seguinte xornada toca enfrontarse en Almeiras ao SAR, 1º clasificado ata o momento, empatado a puntos cos nosos senior.
Nesta tarde de domingo estaban convocados para
entrenar, xa por 3ª vez, cinco dos nosos rapaces nesta fase de preselección da
selección galega para o Campeonato de España de Seleccións Autonómicas (CESA)
2020, que se celebrará en Cantabria. Os nosos xogadores convocados son:
Categoría infantil: Marcos Regueiro e Samuel Seijas
Categoría cadete: Jorge López, Mateo Díaz e Nuno Loxo
Un gran logro para estos rapaces o ter chegado ata aquí, sendo froito do gran traballo que todos eles realizan cada día nos adestramentos. Agora tócalles seguir traballando e esperar que poidan continuar con este soño e participar no CESA 2020.