
Previa da Xornada 29.11.26
SENIOR
O BM.Culleredo viaxa este próximo sábado a Vigo para enfrentarse ao Granitos Ibéricos Carballal, oitavo clasificado con nove puntos. Os cullerdenses, que xa levan algunhas xornadas sen puntuar, desexan volver a sumar para escalar así algún posto na táboa clasificatoria e afastarse das zonas baixas. Para iso, o equipo deberá de confirmar as mellores sensacións coas que saíron do partido da pasada semana e estar disposto a traballar ao cento por cento durante sesenta minutos se queren sacar algo positivo da sempre difícil pista olívica. O BM.Culleredo tamén estará pendente ata última hora por se pode recuperar a algún dos cinco xogadores que permanecen lesionados.
O encontro dará comezo ás 20:15h no pavillón de Carballal.
XM GALAICO CARAVANING
O BM.Culleredo Galaico Caravaning afronta este próximo sábado o penúltimo partido antes do parón de Nadal, unha nova cita crucial para non perder comba cos postos altos. Os cullerdenses volverán actuar como locais e márcanse como obxectivo sacar os catro puntos que lles quedan por competir antes dese parón. A tarefa non será sinxela, comezando polas dificultades competitivas que están a presentar a todos os equipos cos que se enfrontan o rival desta fin de semana: o Teucro UIE. A lesión de última hora de Hugo Bregua, único zurdo do plantel, trastoca os plans do equipo e haberá que sobrepoñerse a esta importante baixa. A retagarda parece que será novamente o bastión sobre o cal o conxunto cullerdense debe de aumentar as súas posibilidades de vitoria.
O encontro dará comezo ás 12:00h no polideportivo de Almeiras.
XF ARES Y FUERTES
As nosas guerreiras viaxan ata o Gatañal , para buscar unha victoria ante un difícil rival. Unha victoria que daría a entender que as nosas cullerdenses están a dar un gran paso pero non será nada doado xa que o equipo local é un dos rivais máis fortes da categoría.
CM DESPREOCÚPATE.ES
O BM.Culleredo Despreocúpate.es comezará este próximo domingo a Liga Prata e farao visitando a domicilio ao BM.Miño no pavillón dos Remedios (Ourense). Os cadetes de Culleredo esperan continuar a boa racha e aumentar outra semana máis sen coñecer a derrota. O equipo, que acudirá moi xusto debido ás baixas por lesión, desexa comezar a competición con vitoria e para
iso deberá mostrarse moi forte a nivel defensivo e cun bo estado físico para superar os sesenta minutos con bo ritmo sen as rotacións existentes noutros encontros. O partido dará comezo ás 12:30h.
CF SUTENOR
As guerreiras do Sutenor buscarán encadear en Pontevedra dúas victorias seguidas para poder alcanzar a meta de de tabla e poder estar máis cerca dos rivais da parte de arriba da táboa .
IM PADTHAIWOK
Chegan os nosos infantís do Padthaiwok a este encontro nun moi bo momento, con todo o equipo enchufado e cos obxetivos claros! Recuperamos a Marco, contando así con todos nun encontro que terá un ritmo altísimo e no que gañará o que mellor defenda.
IM MÁRMOLES RAJÚ
Despois dun difícil encontro a xornada pasada, desprazaranse os nosos na mañá deste domingo a Carballo para medirse ao Maquisaba Xiria. O Mármoles Rajú chega con ganas de volver á liña de traballo coa que estaban a competir tan ben, e coas ideas xa claras para poder completar un bo encontro.
IF REMAX RIAZOR
As nosas infantís veñen de estraear a casilla da victoria no campionato liguero e ahora viaxan para encontrar a primera victoria fora de Culleredo .
Será un encontro moi compricado onde a fase defensiva ten que ser perfecta para poder alcanzar o obxectivo.
FORZA CULLE!!
