Saltar al contenido

Hoxe coñecemos a: SUTENOR

Esta semana visitamos ao patrocinador que lle da nome ao noso equipo infantil masculino de división de honra, Sutenor, unha empresa dedicada ao suministro industrial en xeral. A continuación, deixámosvos cunhas pequenas preguntas que nos responderon na nosa visita, para que poidades coñecelos un pouquiño máis.

a) ¿Cal é a historia da empresa?

Somos un grupo de compañeiros que creou esta empresa no ano 2012, para poder ir crecendo pouco a pouco.

b) ¿Que é o que máis vos gusta do voso traballo? 

Gústanos que cada día sexa diferente, sin ser nunca monótono, posto que dependemos completamente do que poidan necesitalos clientes en cada momento. O noso traballo consiste na venta de suministros industriales, polo que buscamos a forma de axudar aos nosos clientes coas súas necesidades.

c) ¿De que estades máis orgullosos?

Sin dúbida, do equipo de traballo que creamos. Somos poucos, pero facemos o traballo en cadea e en equipo, donde cada un complementa o traballo do outro. Somos ademáis dun equipo de traballo, unha pequena familia.

d) ¿Que semellanzas ten o voso traballo co balonmán?

O maior parecido co balonmán, pode ser que é necesaria a colaboración e o traballo en equipo para que poidan saír ben as cousas.

e) ¿Por que escollíchedes o Balonmán Culleredo?

Porque o coñecemos a través dunha das traballadoras da empresa e nos gustan os seus valores, a súa forma de traballar e de implicarse nos nenos e os maiores. Non solo enseñan a xogar a balonmán, enseñan valores importantes aos nenos, como o compañeirismo e a amizade.

f) ¿Que valores vos transmite o deporte?

O deporte, ademáis de ser bo para a saude, sirve para fomentar valores como o compañeirismo, o xogo limpo, esforzo, solidaridade…

g) ¿Que valores ten a vosa empresa? 

Os valores da empresa van nunha liña similar aos do deporte. Requírese esforzo persoal para lograr os éxitos de equipo e que a empresa sempre vaia a mellor. Ademáis, como non, requírese moito compañeirismo para poder sacalo traballo de a diario adiante.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *