Saltar ao contido

Mateo Díaz convocado pola Federación Española de Balonmán

Mateo Díaz Fernández, xogador do Club Balonmán Culleredo, convocado para as xornadas de Tecnificación Deportiva da Federación Española de Balonmán.

Nestes últimos momentos da tempada vimos de recibir outra boa nova (unha máis), coa convocatoria do noso cadete Mateo Díaz pola Federación Española. Participará nunhas xornadas de observación que terán lugar do 28 de setembro ata o 5 de outubro no Centro de Alto Rendemento de Granada.

Mateo chegou ao noso club procedente do Colexio Liceo la Paz, experimentando no último ano unha progresión moi importante, e malia ser aínda xogador de primeiro ano, chegou a consolidarse coma un dos piares do noso equipo cadete de División de Honra. Este feito xa nos adianta que na próxima tempada, está chamado a ser un xogador determinante nesta categoría.

Esta convocatoria é un novo premio non só ao esforzo de Mateo, senón tamén ao traballo que se está a facer desde todo o noso club, onde as convocatorias con seleccións galegas, e mesmo as chamadas da Federación Española xa non son unha novidade.

Parabéns Mateo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *