Saltar ao contido

O Infantil Masculino finaliza a súa participación no Campionato de España

Infantil masculino Campionato de España (2ª Fase, 3º e 4º postos): Pan Moguer 32 - Culleredo Sutenor 21.

Último partido dos nosos rapaces neste campionato estatal no que non puideron superar ao equipo andaluz co que nos tocou competir. O noso equipo acusou neste torneo a brevedade da plantilla, e hoxe, nun encontro que non servía máis que para dirimir un posto na clasificación que non outorgaba ningún premio, o Culle apareceu moi tocado fisicamente, pero sobre todo animicamente. Deste xeito, o partido estivo competido ata o descanso, pero a segunda metade fíxose completamente costa arriba, co noso equipo incapaz de frear ao rival, por falta de forzas, fisicas e mentais.

Despedímonos do Campionato de España, pero non podemos esquecer o enorme éxito que supón para o noso club conseguir clasificar por primeira vez a un equipo nesta fase estatal, na que todos os nosos rivais eran habituais do torneo. Foi a primeira vez, pero este equipo non é máis que a punta de lanza, de seguro, non será a última, o que ven por detrás apunta alto. Aínda que non fora exitosa en termos de clasificación, foi sen dúbida unha experiencia importantísima como equipo e como club. Foino tamén a nivel persoal para todos os xogadores que participaron, moitos deles con gran proxección de cara ao futuro, e mesmo para os dous alevíns que concorreron como invitados, Samuel e Marco, que aínda que disputaron poucos minutos, fixérono extraordinariamente ben. Un investimento do club para cando sexan eles os que volvan a esta competición como líderes do seu equipo.

Hoxe, e sempre, todo o noso apoio a un equipo que segue a ser o merecido campión galego desta tempada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *